Hai veces que mercamos os libros porque gustamos das súas mensaxes incluso máis ca do que poden gustarlle aos pequenos, aínda así, cremos que hai que contárllelos porque encerran grandes aprendizaxes.
Isto foi o que nos sucedeu con “El príncipe de los enredos”, de Roberto Aliaga e Roger Olmos, publicado en Edelvives, un libro no que todo ten o seu simbolismo e razón de ser: as personaxes elixidas (un corvo e unha enciña), un texto directo con escaseza de circunloquios ou de adobíos (abondan as ilustracións), o desacougante protagonista que se aproveita da inxenuidade dos outros, ou as proporcións nas imaxes.
Un corvo achégase a unha árbore cunha intención clara: regalo cada día coa desconfianza, o malestar e o facerlle crer ás partes que son máis importantes que o conxunto. Non engadimos máis, trala súa lectura, que cadaquén pense nos corvos e nas follas ou raíces que coñece.
Porque aínda non o descubriron os dos másteres de gestión de organización e de equipos, do contrario xa terían incorporado nas súas dinámicas.