A definición dun neno: “Éranse muchas cosas”

eransemuchascosas_p

Chegamos a este libro da man da amiga Pilar de KunArte, coa que entre outras moitas cousas compartimos a visión da infancia e dos pequenos como diversos, cambiantes, creativos, imaxinativos, non suxeitos a estereotipos nin clixés que os constrinxen.

12742355_588941074603470_3787656895142096720_n

Á vista deste álbum ilustrado con collages e de texto suxestivo, un pode ter meridianamente claro que un neno ou unha nena sempre nos poden sorprender: poden ser xigantes, o vento, unha acrobacia, un salto mortal, unha velocidade sobrehumana, unha pluma que cae paseniñamente ou o universo enteiro.

lupe-estevez-maribel-ganso

“Las personas somos por naturaleza un compendio de contradicciones y puntos opuestos, una mezcla de sentimientos, ideas concretas y conceptos abstractos. Somos un fantástico collage. De esta evidencia surge esta historia cargada de imágenes y palabras inspiradas en el mundo de la infancia.”

lupe-estevez-maribel-ganso-3

Unha boa recomendación para comezar o curso coa mirada aberta ás infindas posibilidades dos nenos e das nenas.

lupe-estevez-maribel-ganso-2

Éranse muchas cosas“, Lupe Estévez e Maribel Ganso, publicado en Kókinos. Para saber máis pódese visitar o blog das autoras, onde incluso se pode ver o proceso de elaboración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s