Sementando para os que veñen detrás

Desde o outono gardáramos na aula unhas cabazas que pouco a pouco foron secando, outras estragándose, mentres unha se conservou intacta. De cando en vez sacudíamos as secas para axitar as pebidas. Agora que chegou o momento de sementar, abrímolas para ver o que atopábamos. Descubrimos que tiñamos semente dabondo para encher o colexio de cabazas, iso si conseguimos que nazan e se logren.

Buscamos información na rede e soubemos que as cabazas precisan de terreos amplos para estenderse, soleados e con humidade. Agora que conseguimos que nos pechasen un espazo exterior, contamos con todo iso, entón decidímonos a plantar, aínda sabendo que tardarán tres meses en dar froito, alá polo mes de setembro ou outubro, cando este grupo xa non estará neste centro, pois pasarán para primaria. Con todo, gustounos a idea de plantar para os que veñen detrás, deixándolles un pequeno agasallo que servirá para vincular unha promoción saínte con outra entrante.

Ver presentación.

Son estes pequenos xestos os que nos gusta inculcarlle a o noso alumnado: a xenerosidade, a transmisión dunha responsabilidade, o deixar unha pegada para o recordo … Outros o fixeron antes con nós, agora é bo que eles o fagan por outros. Saber esperar e mesmo non esperar nada máis ca facerlle a vida máis agradable aos que veñen detrás. Para nós, estas son algunhas das vivencias máis importantes que podemos compartir cos nenos e nenas na escola. Apurar os tempos están ben para os time lapse, pero o valioso require de espera.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s