“Para educar a un neno fai falla toda a tribo”, este proverbio africano debe ser dos más repetidos cando se fai referencia a que toda a sociedade contribúe -para ben ou para mal- na educación dos cativos. Aínda coincidindo plenamente con esa afirmación, nesta ocasión, nós, quixemos darlle a volta, porque tamén pensamos que para educar a tribo enteira fai falla un neno/a. Ás veces as persoas adultas precisan da mirada reprobadora dun pequeno recordándolle que esa non é maneira de comportarse ou de proceder.
Nós levamos tempo indignándonos cada vez que saímos ao exterior do centro: lixo, papeis, botellas, latas, excrementos de cans, cascas de pipas, cabichas …, así día tras día pensando no exemplo que nos están a dar os maiores. Cansos de comprobar que non se respecta nin o sitio onde se educa, decidimos actuar.
Pensamos en como facelo e decidimos poñer uns carteis na contorna da escola, pedindo a colaboración de todos para axudarnos na nosa educación como cidadás e cidadáns.
Pode parecer un feito irrelevante, nós non o cremos, porque unha chamada de atención dun neno ou dunha nena reprendéndonos pode ter máis efecto ca un bando municipal. En calquera caso o noso alumnado está convencido de que teñen que intervir activamente para a mellorar a súa contorna.