A nosa achega á educación infantil

“Cartas a la profesora Matilde”. Sobre a educación inclusiva

In ActualizArte on 13/05/2015 at 07:07

O gran obxectivo das Redes Iberoamericanas de Innovación educativa é o de poñer en contacto a profesionais dos distintos países membros para así poder compartir experiencias, accións desenvolvidas na rexión, e sobre todo o saber do profesorado. Así, agora que xa se constituíron todas elas, a OEI creounos un foro virtual no que -agrupados polas temáticas polas que fomos seleccionados- compartamos coñecemento tanto no foro específico como no xeral de todas as redes. Grazas a isto estamos a coñecer moitas iniciativas, publicacións, ligazóns etc. Nunca agradeceremos dabondo esta oportunidade.

Unha das nosas últimas descubertas foi grazas á Rede Iberoamericana de educación inclusiva, que puxo á disposición de todos a publicación “Cartas  a la profesora Matilde. Una mirada a las experiencias de inclusión educativa con estudiantes con discapacidad en Colombia” (2012), de Rafael Pabón García. Un documento producido por Alianza Educación Compromiso de todos, Fundaciones Corona, Restrepo Barco y Saldarriga Concha, Corporación Región UNICEF Colombia y Universidade de Andres y del Norte.

“Con las Cartas a la profesora Matilde se quiere contribuir, por una parte, a promover la reflexión acerca de los de­sarrollos, condiciones, posibilidades y retos de la educación inclusiva en Colombia. Por otro lado, se busca dar cuenta de ciertos aprendizajes de algu­nas experiencias desarrolladas en colegios del país, y orientadas a garantizar el derecho a la educación de estudiantes con discapacidad.”

A nós pareceunos unha proposta ben incardinada, xa que logo, artíllase sobre as preguntas que fai unha mestra sobre as súas dúbidas canto ao que significa a inclusión educativa. Así, o autor, vai dando resposta a cada unha delas e móstralle a experiencia dalgún centro educativo de Colombia que traballe nesa liña. Son nove as cuestións que relacionamos a continuación, sobre todo para tentarvos coa súa lectura, xa que de seguro que esas mesmas dúbidas nos teñen asaltado a todos e a todas nalgunha ocasión.

CARTA No. 1

¿No es más conveniente para las niños y jóvenes con discapacidad asistir a colegios especializados que garanticen su protección y cuidado, y no someterlos a las presiones y a las limitaciones de la escuela formal incapaz de prestarles la atención requerida?

CARTA No. 2

¿La educación inclusiva valora y asume a la discapacidad de diferente forma?

CARTA No. 3

¿La educación inclusiva es educación sin exclusión?

CARTA No. 4

¿Es lo mismo integrar que incluir?

CARTA No. 5

¿Es cierto que la educación inclusiva no se limita a estudiantes con discapacidad?

CARTA No. 6

¿Cuál es el desarrollo de la educación inclusiva en Colombia?

CARTA No. 7

¿Es posible una definición aceptada por todos de educación inclusiva?

CARTA No. 8

¿Cuál es el lugar de la educación inclusiva en la pedagogía?

CARTA No. 9

¿Cuáles son las dificultades de la inclusión?

Previa ás respostas a estas preguntas, “Cartas a la profesora Matilde” conta cunha introducción ben fundamentada, na que se fala do dereito á educación para todas as persoas, da educación inclusiva como transformación; dos pasos que se teñen dado da integración á inclusión, e como non, das barreiras para levala a cabo.

Un libro no que se fala nunha linguaxe que poden entender tanto os profesionais da educación coma calquera persoa interesada nestes temas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: