A nosa achega á educación infantil

Medindo o tempo (IV): un reloxo de sol analemático

In EncienciArte on 14/04/2015 at 18:12

Desde que chegou a primavera e o sol, cambiamos a observación do paso do tempo nos nosos reloxos de parede, polos reloxos de sol. Isto deunos a posibilidade de coñecer os existentes na nosa localidade, a súa forma, elementos, usos e lemas ou lendas inscritas na parte superior coas que adoitan acompañalos. O noso preferido é un que vimos hai pouco en Urueña, a Vila do Libro de Valladolid, que tiña a inscripción máis más clásica en latín “Horas non numeros nisi serenas”: Só conto as horas serenas.

??????????

Mesmo barallamos a posibilidade de mercar un para a escola, pero vimos outra opción que nos gustou máis e que nos mantivo entusiasmados: os reloxos analemáticos.
IMG_0461

Un reloxo de sol analemático é un tipo de reloxo solar que consta dunha elipse debuxada no chan sobre a que se colocan os díxitos coas horas, e unha zona central na que unha persoa debe colocarse nun punto concreto segundo a data, e así a súa propia sombra determina a hora ao proxectarse sobre a elipse. Adoitan colocalos en parques, xardíns e patios escolares xa que dá bastante xogo e sempre esperta a curiosidade dos paseantes.
IMG_0463

Trazar e pintar un reloxo analemático é unha tarefa relativamente sinxela unha vez determinados os puntos cardinais e a orientación, o problema xorde porque a posición do gnomon -a persoa- varía en función do momento do ano e consiguientemente pola inclinación do sol. Así é necesario marcar unha curva analemática na parte central na que se indiquen as distintas posicións segundo o mes.

De modo que ata pensamos en facelo ao revés: trazar a curva e as horas e logo segundo os meses establecer o punto onde a sombra marcaría as 12:00h. Era unha posibilidade que non descartamos, pero escollemos outra opción máis rápida, puxémonos en contacto co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC en Santiago de Compostela. De inmediado se sumaron ao noso proxecto e veu un astrónomo ao centro.  Na próxima entrada explicaremos o proceso de creación do noso reloxo de sol anatemático.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: