Como celebración do Día Mundial da Poesía, no centro no que traballa Isabel, optouse por botar a poesía á rúa. Enchéronse os muros e valados do CEIP A Maía con poemas escritos en carteis de lona fundida, coa intención de crear coma unha “zona poética” de grandes dimensións.
Hai que pensar que este colexio está nunha zona escolar (EEIM, CEIP, IES e pavillón polideportivo) moi concorrida, que ademais e un dos enlaces da autovía, porén é moi transitada, algo que se tivo en conta á hora de deseñar os carteis e de seleccionar os poemas, sendo breves e cunha gran tipografía para poder ser lidos polos transeúntes.
Agora, trala boa acollida que tivo a iniciativa entre as familias do alumnado, convidámolos a elaborar os seus carteis poéticos para sumarse á exposición na rúa. Isto manterase e irá medrando ata o mes das letras. Esperamos converter este recuncho da Maía nunha auténtica ZONA POÉTICA.
Mostra desta colaboración das familias: