Velaquí a nosa iniciativa deste ano para celebrar o Día Mundial da Poesía. Un curso máis tratamos de poñer as poesías ao alcance de toda a veciñanza. Sabemos que temos ao noso favor que todo o realizado polos pequenos/as conta, cando menos, cunha boa acollida. Así, desta vez, puxémonos en contacto coa Asociación de comerciantes de O Milladoiro e solicitamos a súa colaboración para cedernos un recuncho dos seus escaparates para expoñer poemas seleccionados, escritos e ilustrados polos nenos e nenas de cinco anos para deleitar aos seus veciños.
![]() |
Poesía á rúa |
Preparamos unha carpeta con 3 ou 4 poemas por neno/a acompañados dunha folla informativa para as familias nas que se lle explica a iniciativa (tamén se fixo a través dos blogs de aula). Os pais e nais terán que acompañar aos seus fillos/as ás tendas e negocios locais (amigos, habituais ou de cercanía) para deixar alí os seus poemas.
Na cartolina na que van escritos os poemas, indícase tamén a que se debe esta iniciativa, así como un enderezo electrónico de contacto, para que quen guste da lectura da poesía en lugares non habituais, como agradecemento que nos envíe unha fotografía. Estamos á espera do que nos envíen.
Para nós, a máis do que podemos lograr canto ao noso alumnado, estamos logrando abrir a escola á comunidade; posibilitando que se coñeza o que fan os pequenos nas aulas.