Lendo números nunha entrada de fútbol

Abonda dicir que os números serven para moito máis que para contar, pero os diversos usos, lecturas e funcións dos números deben ser deprendidos en situacións reais dando resposta a necesidades reais.

A pasada semana, no noso centro, no marco dunha actividade proposta polas compañeiras do equipo de actividades complementarias, relacionada coa presenza da muller no deporte, recibimos, entre outras, a visita de varios xogadores da SD Compostela (un deles pai dun alumno), que trala conversa e xogos no patio, tiveron a ben agasallar aos 325 nenos/as cunha entrada para o partido de fútbol do domingo.

Poderíamos terlle dado a entrada sen máis para que a levaran para as súas casas, pero non quixemos desaproveitar a ocasión que se nos brindaba para coñecer a información que nos proporcionaban os números nela presentes. O código de barras (para evitar falsificacións), o formato da data de celebración do partido (15/03/2015), da hora (17:00), da xornada futbolística (29), da fila e número de asento (neste caso a abreviatura s/n), da porta de acceso (2), do número da entrada (15257). Isto, xunto coa información extraída do texto, fíxoos sentir que sabían o que levaban entre as mans, dispostos a explicárllelo ás súas familias. Cunha simple entrada dun partido de fútbol, tivemos unha desas clases marabillosas, que nos fan sentir que non se precisan grandes medios para realizar aprendizaxes significativas. O contraste coas súas experiencias de asistir a outros partidos en campos locais onde non hai estes protocolos, ou a outros espectáculos (teatro, monicreques, actuacións musicais) onde si hai entradas e asentos numerados, deunos para moito.

Mención aparte precisa o texto que se podía ler no anverso da entrada referida á prevención da violencia nos campos de fútbol, e que suscitou unha longa conversa.

De todo isto, e por iniciativa deles, só queda apuntar unha observación que lle querían facer aos responsables das entradas porque no texto pon COLEGIO/NIÑO. Preguntábanse se non eran válidas para as nenas.

2 Comments

  1. Eu aínda lle faría outra observación aos responsables da edición das entradas: por que non en galego? Será que as entradas non son válidas para os galegos?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s