A nosa achega á educación infantil

“Enséñame, pero bonito”

In VisionArte on 16/03/2015 at 07:23

 Nun momento no que o actual modelo de escola está sendo cuestionado, no que xa hai institucións educativas que queren seguir outros sistemas de ensino-aprendizaxe saíndo dos perniciosos círculos dos estándares, indicadores, avaliacións, exames, deberes, etc., é bo coñecer outras posibilidades, como as que se realizan en diferentes escolas alternativas.

No documental “Enséñame, pero bonito”, podemos escoitar os argumentos de profesionais da educación que pensan nunha escola distinta, más centrada nos nenos e nenas ca nas necesidades da sociedade.

Sempre se agradece que o cinema aporte o seu gran de area á innovación educativa, máxime cando os programas televisivos e os filmes están cheos de exemplos de modelos educativos absurdos e estereotipados nos que os clichés  profesor-alumno tan pouco favorecen a consideración do feito educativo.

Este documental parte dunha iniciativa de crowdfunding, para a que se presentaron as gravacións realizadas en tres escolas de pedagoxía alternativa en Perú, para logo estender o proxecto con entrevistas a responsables de escolas similares en España. En palabras da directora do documental, Sara Moreno,
El objetivo del documental Enséñame pero bonito es presentar alternativas educativas eficaces para la formación integral de los/as niños/as. Es nuestra aportación para trabajar por una renovación pedagógica, que parte de pensamientos críticos, experiencias reales y que se desarrolla en y para la libertad. Queremos pues, mostrar y promover la reflexión sobre la pedagogía que conocemos y con la que aprendimos a multiplicar y leer. Ayudar a cuestionarnos si fue la más eficaz y si existen otras maneras más respetuosas y actuales. Este trabajo muestra experiencias educativas que motivan la reflexión profunda sobre el concepto de Escuela.

Ao longo das diferentes entrevistas veremos como hai modelos tan diversos de escola alternativa como diversos son os nenos/as. No que coinciden todos os participantes é que a actual escola, como tal, está obsoleta e non é respectuosa cos intereses e desenvolvemento dos nenos. Tamén se incide moito na legalidade destas iniciativas, todas elas privadas, malia que non por iso elitistas.

Nesa liña, xa falamos noutras ocasións sobre a rede Reevo, unha plataforma web centrada na educación alternativa, na que activistas de Reevo van describindo e mapeando todas as escolas alternativas que se coñecen en distintos lugares do mundo.

Homeschooling, unschooling, pedagoxías alternativas, son diferentes posibilidades que tamén se apuntan e sobre as que poderemos saber máis no blog da xurista e nai unschooler, Laura Mascaró.

Ao noso entender, este documental debería ser visto en grupos docentes, equipos varios e claustros escolares, para dar pé a un posterior debate sobre o que estamos a facer polas criaturas, pola escola e pola sociedade.

Cada tempo, cada sociedade, cada grupo humano, precisan dunha escola na que medrar. Para nós, aquí chegou o momento de dar un xiro, xa que ir máis aló no modelo actual non conduce a nada enriquecedor.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: