,
Estamos cos preparativos de todo o que vén agora, Día Mundial da Poesía, Mes das letras, Letras galegas, e ao igual que fixéramos o ano pasado o que queremos é sacar a poesía á rúa, porque a poesía é de todos, todas as persoas temos dereito a ler un poema de balde. Queremos que o lema sexa máis poesía e menos publicidade na cidade.
Tomamos como referencia o que se fixo fai máis de vinte anos na cidade holandesa de Leiden, Muurgedichten van Leiden– que podería traducirse como “Poemas nas paredes”-son unha colección de poemas, (un total de 101) que se pintaron nas paredes exteriores dos edificios da cidade de Leiden nos Países Baixos, sendo hoxe moi populares entre a poboación e unha atracción para os turistas. Escritos en diferentes idiomas, segundo o idioma do poeta (cunha traducción ao holandés a ao inglés), coidando moito o contraste visual das letras e o fondo da parede. O proxecto “Poemas nas paredes” comezou en 1992 finanzado por unha fundación privada, por corporacións locais de Leiden, sendo o primeiro poema da poeta rusa Marina Tsvietáieva, dende entón, engadíronse todos os demais, rematando no 2005 co poema De profundis de Federico García Lorca. Na actualidade algúns poemas xa xe perderon, pero consérvase a meirande parte deles, a máis dos que se engadiron no 2010. Outros poetas incluídos son Cummings, Langston Hughes, Du Fu, Luis Oliver, Neruda, Rilke, Shakespeare e Yeats.
Xa se di que en Leiden os graffitis son poesía
A nosa escala podemos facelo de moi variadas formas, sempre mantendo a idea de poñer máis poesía ao alcance de todos os viandantes: nas paredes interiores do centro, sobre vinilos, en carteis, en colaboración con asociacións ou concellos, en espazos públicos, en muros de zonas deixadas, nas rúas circundantes aos centros educativos, en zonas de paso, en negocios, nos parques… As posibilidades son múltiples, e os efectos de seguro que beneficiosos para a vista, para o ánimo e para o espírito.
Abondan exemplos como as cidades adheridas a Acción Poética, un movemento mundial iniciado por Armando Alanís Pulido, un escritor e promotor cultural mexicano director-fundador de Acción Poética, que consiste en pintar frases, versos, poemas nas paredes das cidades. Ou as accións dos madrileños Boamistura, autores de “Madrid, te comería a versos”, un proxecto que xorde dun acto de amor de artistas e poetas para humanizar a cidade, neste caso escribindo poemas nos pasos de peóns, ou en “Paisajes de paz“, e en “Callar es gritar intensamente“, por mencionar algunhas das súas intervencións máis senlleiras.
Haberá quen pense que estas pintadas poden afear as paredes, iso depende do concepto de beleza que teña cadaquén. Tamén haberán quen diga que iso pode incitar a que se fagan outras pintadas, ogallá foran tan mixiriqueiros cos paneis publicitarios e coas imaxes estereotipadas das multinacionais. Para desmontar eses temores non temos máis argumentos que o que seguen:
Poesía para todos os días en todos os espazos. Liberando poemas.
Que salten os poemas á rúa desde os centros educativos de Galicia da man do noso alumnado porque
Imaxinade os muros das escolas cheos de poesías!