Poesías para todos os días

Agora que se están a argallar as actividades para o vindeiro 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, queremos compartir dous espazos nos que nós atopamos poemas infantís:

-No blog de Antonio García Teijeiro, Versos e aloumiños, onde, a máis das súas propias publicacións, ten un recuncho, Catavento de poemas infantís, no que vai escolmando aqueles que lle gustaron. Actualmente ten referenciados preto de cincuenta autores e de cada un deles publica cinco ou seis poesías. Hainas en galego, en castelán e noutras linguas, cumprindo todos elas coa condición que apuntaba a inesquecible Gloria Fuertes.

Si hay poetas que escriben bien

y no dicen nada

es que no escriben bien.

Lo dice Gloria Fuertes.

Sin título

-No blog da biblioteca de Cocentaina, Bibliopoemas, un espazo do que xa temos falado noutras ocasións, así como do seu irmán Bibliocolors, dedicado á ilustración. Ambos os dous cunha actividade incansable, no que publican a diario poemas e ilustracións, organizadas por temas, por autores, por estacións, por meses, por celebracións, por países … Tamén teñen un apartado no que se poden atopar frases ou citas célebres sobre a poesía, para quen queira elixir un bo lema. De visita obrigada.

E ao que temos recollido neste blog sobre poesía infantil, queremos engadir unha descuberta que fixemos onte grazas a unha alumna que nos trouxo o libro “Versos de cuento”, de Carmen Gil, publicado en SM nunha colección na que se reunen outros seis títulos, entre os que atopamos “Versos para contar” ou “Versos de colores”.

Para rematar este apunte sobre poesía infantil, non queremos esquecernos dun libro co que nos agasallaron as compañeiras uruguaias Adriana e Doris durante a reunión da Rede Iberoamericana de Educación Infantil, “21 poemas raritos”/”Mirá vos”, un polo dereito e outro polo revés editado por Alfaguara.

“Dos libros en uno, al derecho y al revés. No importa cómo se mire. En Mirá vos se descubrirán pequeños mundos dentro del mundo: de grillos, bananas, elefantes, violines, globos con forma de corazones y hasta astronautas que pisan la luna. 21 poemas raritos es un divertido conjunto de poemas acompañados por coloridas ilustraciones donde hay canciones de cuna y anticanciones, gatos, cocineros y hasta un tiburón volador.”21 poemas raritos. Fernando González (textos) y Sebastián Santana (ilustraciones) Mirá vos. Fabio Guerra (textos) y Alfredo Soderguit (ilustraciones)Edición de Virginia Sandro. Montevideo, Uruguay. Editorial Alfaguara, 2006. Colección Alfaguara Infantil. 

Nós o pasado ano fixéramos a actividade Liberando poemas, que repetiremos este ano pero cunha pequena modificación para chegar a moito máis público. Manterémosvos informados, pero lembrade que se necesitan poesías para todos os días, porque,

La poesía es pintura que habla, la pintura poesía que calla. (Simónides de Ceos)
La poesía es el sentimiento que le sobra al corazón y te sale por la mano. (Carmen Conde)
La poesía es la pintura que se mueve y la música que piensa. (Émile Deschamps)
La poesía le da a la humanidad lo que la historia le niega. (Francis Bacon)
La poesía no quiere adeptos, quiere amantes. (Federico García Lorca)
La poesía tal vez se realza cantando cosas humildes. (Miguel de Cervantes Saavedra)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s