Agora que só nos queda un semestre xuntos, evidéncianse máis ca nunca as medras: o primeiro que fai 6 anos, a primeira á que lle cae un dente, o que deu un estirón nas vacacións, as zapatillas que son case o dobre de grandes que as que levaban cando chegaron ao cole…, pero hai moitas máis sinais do crecemento de cada alumno e de cada alumna. A quen non estea afeito a vivir con eles tres anos, poderían pasarlle desapercibidas, pero para nós son a mostra da pegada que vai deixando neles a educación. Acenos, palabras, accións que foron calando día a día e que nos fan percibir o sentido do noso traballo.
Emporiso nos gustou tanto o libro “Crececuentos. 10 cuentos para hacerse mayor” de Carmen Gil, magnificamente ilustrado por Anna Laura Cantone, publicado en Parramón. Dez historias centradas nas medras dos nenos e nenas: a caída dos dentes de leite, os estiróns, o recoñecemento das emocións, o gusto por compartir e rodearse dos iguais, o establecemento de hábitos de hixiene, o fortalecemento da perseveranza, o uso das palabras que fan brotar sorrisos ou ser quen de vestirse só, son o tema dalgunhas delas tocadas cunha admirable sensibilidade e intimidade cos nenos e nenas.
Deixamos como mostra unhas páxinas coas que se inicia e pecha o libro, porque son unha excelente carta de presentación do que atoparemos dentro.
Para os/as verdadeiros amantes das avaliacións, estes 10 contos poden dar pé a unha boa valoración do acontecido ao longo destes tres anos.
Esto non ten que ver coa publicación, pero quería compartilo. Seguramente xa o coñecedes, pero por si acaso (os de secundaria non temos moita idea de todo o que sabedes en Infantil)
http://elpais.com/elpais/2014/11/17/buenavida/1416222402_508811.html
En calquera caso, unha aperta e moito ánimo.
Grazas amigo Jesús, é unha moi boa idea.