3 grupos mixtos de 3, 4 e 5 anos, 75 nenos e nenas, 2 mestras, 3 días, 3 obradoiros de 2 horas cada un co obxecto de elaborar postais coas que felicitar as festas. Materiais, os existentes na aula, todos expostos ao seu dispor. Consigna, facer corazóns, porque as postais serven para manifestarlle aos destinatarios que os queremos e que nos acordamos deles. Inspiración, o libro-CD “CoraSons” de Kalandraka. Clima de tranquilidade e de respecto polos gustos persoais que se reflicten nas creacións. Resultado, unha postal cun corazón único na portada e cunha fotografía do autor ou autora coa súa creación.
Sinxelo e gratificante.
En breve iremos a Correos para envialas.
Finalmente un collage no que se recollen todos os corazóns.
![]() |
Total corazones |
E xa convertida en cartel de 100×140 e felicitación do centro.