Xa de cheo na “Campaña de Nadal”-malia que aínda estamos a corenta días da data-, tomamos unha decisión: prohibir a entrada de catálogos de xoguetes na aula. Así de tallante e radical, non permitiremos que durante o período escolar os nenos/as ocupen o seu tempo mirando e rifando cos compañeiros/as polo que lle van pedir aos Reis Magos, a Papá Noel ou a quen lle cadre ser este anos o personaxe dadivoso.
Para as persoas adultas non cremos sexa preciso dar más explicacións desta decisión; para o alumnado é moi doado: a escola non é lugar para eses menesteres. Aquí temos a obriga –é a nosa tarefa- a formación integral dos pequenos; entre outras moitas, debemos procurar formalos como persoas que non se deixan levar polo consumismo feroz, prendendo neles o sentido crítico, e, certamente, os catálogos de xoguetes cos que as grandes cadeas teñen a ben deleitarnos nestas datas, non van na mesma liña que a dos principios polos que se rexen os proxectos educativos dos centros.
Hai a quen as prohibicións lle levantan un proído, pero nalgúns casos, a escola ten que posicionarse e non deixarse levar polo son que lle marcan os mercados. Hai anos, cando algúns mestres e mestras prohibiron as larpeiradas, chucharías ou bebidas edulcoradas, tamén puido parecer excesivo, e sen embargo, considerouse necesario, de modo que, agora, esta norma é defendida en case todos os Claustros e Consellos escolares. Pois arestora, deberan ser estes mesmos órganos escolares os que tomaran as rendas do asunto no que a catálogos de xoguetes se refire, xa que logo, van en contra de todo o que se pretende inculcarlle ao alumnado nos centros educativos.
A elección, o consumo, a racionalización ou non de xoguetes nestas datas é un asunto de índole familiar, emporiso, a escola dará pautas sobre o consumo responsable, pero nunca poderá ser partícipe (indutora) desta orxía do dispendio.
Sen o ánimo de parecer nostálxicas ou críticas, moitas veces pensamos sobre esta “necesidade”actual de que os cativos elixan o que van a querer con antelación (para así anticipar e repartir o gasto segundo recomendan desde as asociacións de consumidores), con precisión de marcas e lugares onde mercalos agasallos (para evitar devolucións), e chegamos á conclusión de que os Magos de antes ou eran máis listos ou escoitaban máis aos nenos/as, porque sempre atinaban co que querían, mostrando así, de verdade, as súas calidades adiviñatorias. Iso era o que os convertía en algo especial e máxicos.
Ben sabemos que haberá quen nos replique dicindo que aproveita os catálogos para traballar a lingua escrita ou o traballo cos números. Xa, pero hai alternativas; non son materiais insubstituíbles. Que pensen nas consecuencias de “bendicir” os catálogos nas escolas.
E xa de paso, metidos nesta materia, tamén sería bo que os Claustros e Consellos escolares falasen en serio sobre as visitas de personaxes navideños, dando argumentos pedagóxicos que vaian máis alá de que “lle fai moita ilusión aos pequenos”. Isto xa o temos abordado moitas veces en InnovArte, e seguimos sen entender como centros educativos nos que a diversidade cultural, relixiosa ou étnica é unha realidade patente; como asociacións de pais e nais comprometidos coa educación dos fillos/as; como técnicos municipais ou dirixentes de concellos (que se gaban de progres), poden sucumbir ao encanto de disfrazarse de Paxes, Carteiros, Reis Magos, Santa Claus, Apalpadores, etc, e acabar facendo unha tournée entolecida na que tan só lle preguntan aos pequenos “E que lle pides?, que queres que che traiamos?, escribíchela carta?”. Parécenos imposible que se poida admitir isto en centros nos que supostamente se pasa o curso tratando de inculcarlle outros valores ao alumnado. Pode ser que uns estean tan ocupados disfrazados e os outros disfrazándoos que non teñan tempo para escoitar ou para pensar o motivo destas visitas. Pero agora, aínda con tempo, poderían preguntarse todos se todo o que se está a facer nas escolas resistiría unha análise rigorosa desde o punto de vista dos principios educativos polos que se deben rexer.
Con horror vi el día 1 de noviembre en mi buzón un catálogo de 150 páginas con los juguetes para Navidad. Lo primero que pensé fue en los pobres niños que no acababan de guardar calabazas y chuches recogidas la tarde anterior (artículo aparte este tema) que ya tocaba escoger regalos.¡Qué estrés!
Una rueda de consumismo, agotadora y tremendamente negativa.
Aplaudo vuestra decisión de vetar catálogos. Bravo!
Cuando el año pasado algunas profes me plantearon el tema de su uso en matemáticas, etc, les comenté que se podía hacer lo mismo, averiguando cuales eran las recetas típicas en cada casa, trabajando con los ingredientes, desde su historia, origen, si son ecológicos, si son procesados. Calculando árboles de navidad, de plástico, naturales, coste para el planeta, etc, etc.
Pero si hay un título que siempre saco a relucir por estas fechas es “La palabra que se fue de vacaciones”
Durante diciembre jugamos con esas palabras que casi sin pensar salen de nuestra boca, algunas de ruidos curiosos, otras raras, algunas gastadas de tanto ser usadas…
La que se va de vacaciones es “cómprame” de ahí un mundo para crear que cosas podemos hacer en Navidades sin comprar, y se descubren maravillas
http://libredon.net/index.php/la-palabra-que-se-fue-de-vacaciones/
Solo no estoy de acuerdo en que los Reyes de antes acertaban más, creo que muchos tenemos aquel juguete soñado, que siempre amanecía sustituído por otro. Pero eso no fue malo, al contrario, nos mantenía con el corazón alerta y nos enseñaba que las cosas tienen su tiempo y su momento. Y que a veces no suceden, pero suceden otras maravillosas.
Grazas Sole. “La palabra que se fue de vacaciones” para nós é un referente, de feito mesmo a incluímos no proxecto educativo que elaboráramos para a Escola Galega de Consumo, “Dálle a volta”. Esa, e unha ducia máis de palabras habería que botalas, non de vacacións, senón de excedencia, por unha longa tempada.
Canto ao dos Reis Magos, a miña irmá Isa e máis eu, botando a mirada atrás non lembrábamos ter referentes (catálogos, publicidade) para provernos de ideas á hora de pedirlle aos Reis Magos, e sen embargo, sempre nos sorprendían, malia que coma ti dis sempre había algo que non caía…, con todo, a nosa familia, adiviñaba-percibía o que nos gustaría, o que precisábamos ou o que alcanzabamos, e non pasaba nada. Tamén é certo que todo o que nos rodeaba era coma nós, fillos/as de xente traballadora e bo era o que nos podían dar, así que non había desexos que non pudéramos acadar.
Unha aperta. A ver cando falamos en persoa.
Reblogged this on Aí falaches! and commented:
Un artigo critico coa entrada dos catálogos de xoguetes na escola
Wow, marvelous blog layout! How long have you been blogging for? you make blogging look easy. The overall look of your site is fantastic, let alone the content!