A nosa achega á educación infantil

Termina(d)o, pinta(d)o, esta(d)o. -ao, -ao, -ao

In AlfabetizArte on 12/11/2014 at 07:06


As mestras de infantil sempre debemos ter o oído moi atento aos defectos na fala do alumnado, así ao longo dos tres anos que permanecen con nós, na meirande parte dos casos, axudamos a corrixir problemas na articulación (inversións de sílabas, omisións, substitucións) que, aínda sendo habituais, requiren dalgunha intervención.
Pero agora, neste curso, detectei un problema no meu alumnado que ata o de agora nunca atopara: a perda da /d/ intervocálico nas palabras rematadas en –ado, converténdose de este modo en –ao. Participios, substantivos ou adxectivos, toda palabra rematada en –ado, pasa automaticamente a –ao. Non estou a falar só de alumnado castelán falante, tamén os galego falantes o fan, nomeadamente cando se expresan en castelán coma se esa fora a forma correcta.
Son inflexible, corrixo cada un deses erros porque do contrario, sei que se converterá nun hábito co que tanto as familias como o resto dos adultos son moi laxos, non hai máis ca escoitar intervencións televisivas ou radiofónicas de presentadores/as, actores, actrices, políticos/as, case todos eles están cansaos, agotaos, sobraos, ou abandonaos .
Inicialmente, esta perda da /d/ intervocálica en participios, era considerado un vulgarismo, logo xa non se deu esa distinción, pero agora, de ir ao paso que vamos, podemos consideralo un “feito consumao”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: