A nosa achega á educación infantil

“El ladrón de tiempo”

In ContArte on 04/11/2014 at 08:05


Hai libros que nos fan reparar na beleza do cotiá e das palabras que empregamos habitualmente case sen decatarnos do seu significado e implicacións. Onte, grazas a Sandra, coñecemos o último traballo de Nathalie Minie publicado en Edelvives, “El ladrón de tiempo”, que nos fai recordar outro dos seus pequenos “ladróns”, “El ladrón de palabras”, que tanto xogo nos dera na aula publicado en Tarros de palabras.
Cunhas ilustracións do día e da noite -nas que destacan as constelacións-, entramos nun tempo elástico que se apura ou ralentiza en función das palabras ou expresións que se empregan: antes do luns, ao caer a noite, durou unha eternidade, un instante, unha mañá de verán, despois da clase, falta pouco, mañá será xoves, infinitamente corto, antes do xoves…

Todo el é unha continua alusión ao tempo:

¿Cuántas noches tienen que pasar? ¿Cuántos días? Le parecía mucho, mucho tiempo, infinitamente más tiempo de lo que tardan los cerezos en florecer, la luna en hacerse redonda, las manzanas en madurar, y mucho más tiempo que lo que hay que esperar para que llegue la nieve.

Necesitarán saber la hora de su próxima cita. (…) Buscaron todos los relojes de la ciudad. Contaron las horas, que giran alrededor de un gran eje si que se las vea, como el sol.

Se aprenderán los meses para imaginar otras estaciones.Sabrán que junio viene antes de julio, como el viernes precede al sábado.

Una semana, un día, unha hora pode ser moito ou pouco en función do que se faga ou do que se espere.
Nós contamos que sobre este libro volveremos moitas, moitas veces, tanto pola beleza da historia coma polas oportunidades que nos brinda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: