A nosa achega á educación infantil

Nenas princesas

In InformArte on 03/11/2014 at 07:40

Na reunión do final de curso pasado e na de inicio de este dediquei un anaco a reflexionar coas familias sobre un feito que estaba/está chamando profundamente a miña atención e que me enche de preocupación: a proliferación das “nenas princesas”; denomino deste xeito a moda de que as pequenas leven as unllas pintadas, moreas de colares, pulseiras, diademas –coroa, roupa interior e exterior que semella a das adultas, etc. Haberá quen pense que non é máis ca unha moda temporal ou un gusto normal polo rechamante, sen máis importancia ca o da “coquetería” das nenas ou da intención de semellarse ás mozas maiores. Eu, sen animo alarmista nin mexeriqueiro, non o vexo así, paréceme un anuncio e un síntoma perda dos dereitos da muller, unha das consecuencias máis palpables da imposición de modelos femininos non respectuosos por parte da publicidade, dos medios e da sociedade de consumo; as non visibles xa se verán. Hai quen pensa que son unha esaxerada. Non o creo. Sexa por desexo das nenas ou por gusto das nais, estánselle a transmitir unhas mensaxes que xa adoptan como normais desde ben cativas. Maquillaxes, zapatos de tacón, peinados, desfiles de moda ou combinar accesorios nunca foron preocupacións das nenas de infantil, agora si. E isto non é normal, malia que o fagan as fillas das famosas da prensa rosa.

Na clase xa suscita problemas. Chega unha cativa dese xeito e de inmediato todas as demais que devecen por ter o mesmo, máxime cando din que é de “chicas maiores”, daquela empeza un xogo perverso entre as pequenas no que exclúen ás que non teñen cousas bonitas (brillos e adobíos), e como non aos seus compañeiros nenos, porque diferencian o que é “cousas de chicas e cousas de chicos”. Estamos a falar de cativas de 4 e 5 anos. Que queren que lle diga; que non me parece algo admisible nunha escola na que tratamos de educar en igualdade; e que me enche de tristura que unhas series infantís e uns modelos femininos non adecuados boten por terra o que fai anos foi unha conquista. E aínda máis triste é que haxa quen non repare nese perigo ou que o tome como “cousas de nenas”.

Na miña aula, explicadas ás familias esas vertentes do que para moitos non é máis ca unha brincadeira lóxica, normal e natural das nenas, “de seu máis coquetas” ca os nenos, coincidiron comigo en que era algo que debíamos evitar. Non as houbo, pero podería haber reticencias, daquela, así o expuxen nunha reunión de equipo, serían os centros os que terían que adoptar algún tipo de medidas, pero a cousa é complicada porque, onde empezan as normas escolares e onde os dereitos das familias? Mellor facelo desde a comprensión, argumentando e facéndoos reflexionar sobre as consecuencias futuras de algo aparentemente tan banal.

Os medios de comunicación tamén empezan a facerse eco desta moda, así o resumen neste vídeo, titulado “Ocio sexista que no ayuda a fomentar la igualdad”. Sería bo que tomasen nota e desen exemplo, non sabemos onde está ou para onde mira o comité de supervisión de contidos infantís, porque a vulneración dos dereitos da infancia é flagrante e continuo nas  emisións das distintas canles televisivas, dentro e fóra da franxa horaria infantil.

http://www.rtve.es/drmn/embed/video/2844474

Advertisements
  1. Non podería estar máis de acordo… As nosas mochilas de algodón orgánico fronte ás prince-mochilas rebozadas en purpurina; os nosos chándales unisex fronte aos chándales disney… a maquillaxe “infantil” que chega en forma de regalo de aniversario… esas unllas rosas que chegan da casa dunha amiga “piadosa”… eses “casorios” con “príncipes” que nos contan… ainssss, moito fel temos que tragar e moito traballiño en co-educación temos que facer! Moitos intentámolo a tope, a topísimo!!!

  2. Completamente de acuerdo y tan “exagerada” como tu. Hace un tiempo conté en una biblioteca ¿Hay algo mas aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Reguera, dios! casi me linchan!! Un número mínimo de la platea infantil y adulta apoyaba mi tesitura. Fue frustrante, principalmente cuando el argumento de mas peso fue “cuando me pongo pantalones no estoy tan guapa”

    • Sole, é terrible ver como paseniñamente esa imaxe das mulleres vai colonizando o pensamento das nenas. As series televisivas, os realitys, as revistas femeninas, determinados blogs de moda e beleza, non fan máis ca empurrar por esa tendencia. Agora as mozas de instituto queren ser coma as parellas dos futbolistas, as preadolescentes queren ser mulleres, as nenas de primaria xa teñen entre as súas principais preocupacións a imaxe persoal acorde coas tendencias de moda, e as nenas de infantil, 4 e 5 anos, tamén se suman, querendo levar unllas pintadas, camisetas de moda con brillos e lentejuelas. Non sei que é o que fixemos mal. Eu, durante moitos anos colaborei en accións educativas relacionadas coa igualdade, co consumo e coa educación afectivo sexual, e de verdade que me disgusta ver o que vexo na rúa. Algo fixemos mal. Queríamos que leran a toda costa e mercámoslle revistas (as das nenas son tremendas con seccións de beleza e seducción), queríamos que andiveran cos ordenadores e deixámoslle entrar en aplicacións nas que manipulan a súa imaxe e deseñan a súa roupa, queríamos que xogaran e mercámoslle muñecas perfectas e sets de maquillaxe, queríamos que sacaran á luz os seus talentos e mandámolos a concursos de beleza, de canción, etc. Equivocámonos. Os resultados da enquisa feita en Andalucía sobre a percepción dos mozos sobre as mozas, publicado onte, foron claros nesa liña. E agora non sei como se poden neutralizar esas accións e pensamentos. É peor ca unha volta atrás. E como dicía, o máis triste é que hai quen parece non reparar na gravidade desta situación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: