Continuamos descubrindo máis sobre as oliveiras, as olivas e o aceite, así quixemos preparar unha comida na que estes produtos fosen os ingredientes principais. Nada tan sinxelo coma o pan. Seguimos a receita da focaccia (hogaza) italiana, “pan pobre” enriquecido con aceite e adornado con olivas. Simple pero con moito miolo.
O alumnado participou no proceso de amasado, de contabilizou o tempo de levedado, rexistrou os cambios producidos no tamaño da masa, deulle forma, pintou o pan con aceite, rematou coas olivas cortadas (verdes e negras –maduras-), levou ao forno e esperou expectante polos resultados. O recendo das bandexas acabadas de saír do forno foi o mellor indicio do éxito da elaboración. Unha delicia que compartimos cos compañeiros e compañeiras do centro, e como non, co profesorado e persoal de cociña que tan gustosamente se prestan a colaborar con nós.
Sabores, olores, un froito do outono e o gusto por compartir cos demais un produto saudable elaborado coas mans con coidado cariño.
![]() |
Pan de aceite |