“Vagalume de versos”

??????????

Non todos os intentos de escribir poemas para nenos e nenas pequenas logran o seu obxectivo, uns por un exceso de abstracción, outros por ñoñería de máis, outros porque non atinan coas temáticas e outros porque a linguaxe non é a axeitada. Daquela, nós, preferimos desbotalos, pois fan más mal ca ben pola sensibilidade e gusto poético dos pequenos. Emporiso xa nos tardaba poder compartir con vós esta novidade de María Canosa, ilustrado por Yago Puentes e publicado en Galaxia.
“Vagalume de versos” é un deses libriños de poemas que todas as mestras de infantil queremos ter á man porque en calquera momento podemos tirar proveito del, tanto pola variedade de temas coma porque son desas pequenas “píldoras poéticas” que deixan bo sabor de boca e ganas de máis.
Un libro que nos recorda o que pasa nas noites de verán. Nas noites de verán, un dos espectáculos máis fermosos, ademais do ceo claro e estrelado, é ver os puntos de luz que desprenden os vagalumes, coándose entre as herbas, como tesouros agochados que chaman por nós. Así son estes poemas, sinxelos e naturais, coma se os versos estivesen voando entre as nubes, no aire, agardando ser atrapados por estas páxinas, para contarnos historias de todo o que nos arrodea.

??????????

??????????

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s