Perigos na recollida de froitos e follas do outono

Lonicera

Os/as que nacemos na aldea deprendemos desde ben cativos cales eran as plantas ou froitos que nunca debíamos tocar por seren tóxicas ou velenosas, pero hai moitas persoas que non posúen eses coñecementos xa que logo os seus contactos coa natureza son moi esporádicos e/ou estacionais. Emporiso estamos preocupadas, porque nestas datas son moitas as familias que saen de paseo polo campo ou monte cos seus fillos/as pequenos/as a facer recolleita de “tesouros outonais”: follas, baias, froitos … Hoxe sen ir máis lonxe, un alumno noso traía castañas de indias e non sabía que non se podían comer por ser altamente tóxicas.

Fixemos unha procura pola rede e non atopamos ningún folleto informativo sobre plantas e froitos silvestres non comestibles e/ou tóxicos. É de supoñer que a Consellería de Medio Ambiente, as asociacións ecoloxistas galegas, as de defensa do medio natural, ou as federacións de patrimonio natural teñan algo feito nesa liña, polo que agradeceríamos calquera información, ligazón ou cartel que se poida facilitar aos centros educativos, familias e servizos de atención á infancia, xunto coas peticións de “elementos do outono”.

Mentres tanto, nós atopamos algunha que outra información en Zaragoza salvaje, que, malia non ser da nosa comunidade, é perfectamente transferible por rexistrar moitas das plantas aquí existentes nos montes, parques e rúas: castiñeiros de indias, froitos da madreselva, do teixo ou da hedra, estramonio, lantana, baias do acivro, beladona, sabugueiro, ricino, viburbum, solanum, etc, todas elas con fermosos reclamos que poden chamar a atención polo seu colorido ou forma.

Sabugueiro

 

Castañas de Indias
Acivro

 

Ricino

4 Comments

  1. Hola, estou encantada cá vosa páxina e hoxe diríxome a vós para pediros bibliografia sobre os cativos de 5 anos, poderiadesme recomendar algún libro util é práctico. Graciñas e apertas. Laura

    2014-09-29 17:03 GMT+02:00 “InnovArte Educación Infantil” :

    > Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: ” Os/as que nacemos na > aldea deprendemos desde ben cativos cales eran as plantas ou froitos que > nunca debíamos tocar por seren tóxicas ou velenosas, pero hai moitas > persoas que non posúen eses coñecementos xa que logo os seus contactos coa > natureza son “

  2. Vaia, confundín o lugar do meu comentario, era con respecto á plantación das crasas. Non vexo opción para cambialo así que o vou escribir de novo onde corresponde e si podedes borrade este e o errado 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s