A nosa achega á educación infantil

Lume manso, unhas pingas de ilusión, agarimo e alegría: a receita do éxito

In ContArte on 10/09/2014 at 07:00

“É un segredo da avoa
que gardo no corazón.
Cando enchas a cazola,
falta botarlle o mellor!
O mellor non é o picante,
nin si é doce ou é salgado:
son as pingas de ilusión
as que dan bo resultado.
O agarimo e a alegría
son para min unha lei.
Así fago, a lume manso,
manxares dignos dun rei!
Xa rematado o pasado curso mercamos o libro “A cociñeira do rei” de Soledad Felloza, ilustrado por Sandra de la Prada, publicado en OQO editora, e mesmo sentimos mágoa por ter que esperar ata setembro para amosárllelo ao noso alumnado.
Segundo a autora, “A cociñeira do rei” mergúllanos nun mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que se fai a lume manso, con amor e produtos frescos, da terra. Pero, da man de Mencía, descubrimos tamén o valor da pequenas cousas, do cotiá, xa que ela é capaz de elaborar manxares exquisitos baseados na sinxeleza dos seus ingredientes. Tamén fala dos afectos, de deixar una pegada de nós naquelo facemos. Así, Mencía non pon só o coñecemento da receita, senón tamén o mimo, o coidado, o seu corazón. (…) Unha historia que desborda optimismo polos catro costados e que nos ensina a valorar a cociña, non só como base da nosa cultura, senon como parte da nosa vida e das nosas emocións.

Nós quedámonos coa mensaxe que tenta transmitir a arrichada protagonista do libro que sempre engaiola a todo o mundo, logrando que cando ela cociña sexa un día de festa. A súa receita: botarlle o mellor (de produtos frescos e de si mesma), lume manso e unhas pingas de ilusión. Con só (ou con todo) iso consigue triunfar e facer felices aos demais. Emporiso nos pareceu unha boa mensaxe para comezar coas nosas tarefas lectivas.

O noso amigo José Antonio, que desde hai anos nos acompaña co seu aprecio e consellos, cada vez que vía que nos íamos embarcar nalgunha das nosas aventuras sempre nos recordaba que chegar a bo porto precisa de tres patas coma unha banqueta: traballo (constancia, tesón), cabeza (intelixencia, sentidiño) e ilusión (agarimo, alegría). Todas elas se complementan, se falla unha, as outras dúas por si soas non poden soster nada.

Así, hoxe, cando (re)tomamos contacto cos nenos e nenas aos que acompañaremos na súa aprendizaxe ao longo dos vindeiros meses, queremos deixar presente o “ingrediente segredo” que nos axudará a afastar “as nubes negras que non nos deixan pensar” que de cando en vez atoldan o noso horizonte.
Bo curso 2014_15.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: