A nosa achega á educación infantil

Rosalía Morlán no Castelo da Rocha Forte

In ContArte on 19/06/2014 at 06:25

???????????????????????????????

A nosa compañeira Begoña ten moito empeño en que fagamos unha visita didáctica ao Castelo da Rocha Forte, a un tiro de pedra da nosa escola. Nós recoñecendo a importancia de tales vestixios arqueolóxicos do que foi no medievo unha das máis grandes fortalezas da Península, ata que foi arrasada na Revolta Irmandiña, tiñamos serias dúbidas de como presentárllelo ao noso alumnado de infantil. A solución ao noso problema veunos onte da man da poetisa Rosalía Morlán, grande amiga do centro, que xa nos ten visitado e deleitado en ocasións cos seus poemas.

Onte pola tarde, nun acto celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela, presentouse o libro “O Castelo da Rocha Forte”, poemario de Rosalía Morlán, promovido pola Asociación Cultural Rocha Forte, abeirado pola Concello de Santiago e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Tal e como se dixo na presentación, este libro é unha ferramenta moi potente para darlle a coñecer aos nenos/as esta fortaleza a través da poesía de proximidade, da palabra amable e dos afectos, espertando neles o desexo de coñecer unha parte da nosa historia.

Nós xa temos solicitado a visita ao castelo para a volta de vacacións, porque o noso alumnado quedou engaiolado coas pequenas historias que nos conta Rosalía con aparente sinxeleza (o que precisa dunha técnica moi afinada), sobre “A fada do castelo”, “O sapo Rosendo”, “A princesa do castelo” ou “O dragón Antón”, moitas delas recitadas e musicadas no acto por Manuel de Felisa.

Información e visitas ao Castelo da Rocha Forte.

???????????????????????????????

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: