A nosa achega á educación infantil

Poñéndolle nome a rúas sen nome

In CativArte,EncienciArte on 17/06/2014 at 06:40

Ao largo de todo o traballo realizado coas rúas da nosa localidade e de todas as saídas que fixemos, fomos descubrindo lugares, rúas e camiños que non teñen nome. En moitos casos, a nós ocórrensenos maneiras de chamalos continuando na liña de darlle o nome da especie arbórea que impera nese sitio.
De cada saída fomos tomando nota dos que sería preciso nomear dalgún xeito, así como propostas que tivemos que consensuar:
“Costa das ameixeiras”
“Monte dos piñeiros”
“Camiño dos eucaliptos”
“Rúa das moreiras”
“Aparcadoiro dos liquidámbar”
“Lugar das hortas urbanas”
Xa apuntábamos na entrada anterior, que descubrimos que poñerlle nome ás rúas é algo que se fai no Pleno do Concello, ás veces atendendo aos antigos usos deses sitios, outras como homenaxe a algún persoeiro, ou ben por proposta da veciñanza. No caso que nos ocupa, e dado que se trata de espazos aínda non urbanizados, polo de agora tan só nos limitamos a facer unhas chapas cos nomes (similares aos das rúas “oficiais”recollidas nos planos). Colocámolas nos seus lugares correspondentes e démosllas a coñecer as familias e demais compañeiros do centro.
Para a súa elaboración, sobre placas de aluminio, escribiuse o nome da rúa acompañado dunha ilustración alusiva. Para iso, e dado que todos os nomes fan referencia a árbores, inspirámonos nas imaxes do libro “Los caminos de los árboles”, de Pep Bruno e Mariona Cabassa, publicado en La Fragatina.
Como curiosidade, dicir que cando fomos pendurar o cartel do “Monte dos piñeiros”, un operario do concello que se encarga do coidado deste lugar, díxolle aos nenos/as que lle parecía moi bo nome o que lle puxeran, pero que lle gustaría máis “Monte dos nenos e nenas”, proposta coa que concordaron os nosos pequenos, así que tivemos que facer unha segunda placa.

Na visita ás hortas urbanas deixámoslle como agasallo o correspondente cartel.
E dous nenos que viven na rúa Xaquín Lorenzo, na que hai moreiras plantadas nas beirarrúas, pediron facer unha placa na que puxera “Rúa das moreiras”.
Porque acaba o curso, senón xa nos víamos facendo placas para todas as rúas do Milladoiro e arredores.
Agora como remate, enviaremos unha carta á Alcaldía, xunto coas fotografías do resultado do noso traballo. Mentres duren as placas, esta será a achega visible do traballo realizado polos pequenos da escola infantil. O non visible, e máis importante, é toda a pegada que queda nos nenos/as e nas súas familias tras estas semanas de traballo e goce intenso da contorna e do patrimonio vexetal.

Ver presentación

Rúas sen nome

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: