A nosa achega á educación infantil

InnovArte Infantil para a Rede Iberoamericana de Innovación

In InformArte,PremiArte on 05/06/2014 at 06:05

3

Recibimos con tanta ilusión coma responsabilidade a noticia de que InnovArte Educación Infantil é un dos dez proxectos innovadores seleccionados (único 3-6) para representar a España na Rede Iberoamericana de Innovación, unha iniciativa da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación (OEI).
Ao abeiro do Plan Marco Metas educativas 2021, na pasada Conferencia de Ministros iberoamericanos celebrada en Panamá en setembro de 2013 aprobouse o proxecto de desenvolvemento profesional dos docentes que inclúe a mobilidade do profesorado, dándolle así un pulo para a creación de redes de innovación e intercambio de experiencias entre institucións educativas identificadas por países contribuíndo á profesionalización dos docentes. Así, a OEI, a través dos departamentos educativos de cada país membro fará a escolma das experiencias que considere para este intercambio.
En España correspondeulle a selección ao Ministerio de Cultura, Educación e Deporte a través do INTEF, de entre as candidaturas presentadas por cada unha das comunidades autónomas relacionadas con tres ámbitos: educación infantil (1º e 2º ciclo), educación inclusiva e novas tecnoloxías. Como criterios para a súa valoración tívose en conta que as experiencias foran premiadas con anterioridade e que estivesen publicadas.
Vaia desde aquí o noso agradecemento a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por confiar en nós presentando e avalando a candidatura de InnovArte Infantil. Esperamos estar á altura das expectativas e sobre todo, esperamos que sexa unha ocasión para coñecer experiencias innovadoras na educación infantil iberoamericana, e tamén, como non, para mostrar con orgullo o que miles de docentes facemos día a día na escola pola educación dun país.
InnovArte é un fío invisible que, desde fai cinco cursos, une persoas que comparten un sentimento, unhas crenzas e unhas expectativas sobre a educación da primeira infancia, creando un sentido de pertenza a unha comunidade virtual que supera fronteiras xeográficas, facilitada polo feito de compartir un idioma común, o español ou o galego. Así agora contamos poder coñecer algunhas das persoas que seguen InnovArte Infantil desde países como México, Argentina, Colombia, Chile, Perú, Venezuela, Ecuador, Uruguay, Guatemala, Costa Rica, República Dominicana, Bolivia, El Salvador, Panamá, Paraguay, Brasil, Honduras, (ranking dos 20 primeros segundo o número de visitantes) ou demáis países iberoamericanos. Sempre dicimos que lograr a fidelización dun público tan numeroso e tan diverso ao longo de tan prolongado período é algo que só se consigue desde a honestidade profesional coa dedicación de moito esforzo e de tempo. Pero ten moitas compensacións. Esta é unha delas.

Dade por feito que seremos “cronistas” desta primeira edición das Redes Iberoamericanas de Innovación dando conta, coma sempre, de todo o que vexamos, escoitemos e percibamos.

Advertisements
  1. Parabéns compañeiras. Ben o merecedes!

  2. Moitos parabéns!! Un recoñecemento por un traballo ben feito!

  3. Noraboa!!!! Cando as cousas se fan ben…:)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: