A nosa achega á educación infantil

AromatizArte IX: eu ulo a…

In EmocionArte,EncienciArte on 23/05/2014 at 05:46

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ás veces tírase máis proveito dunha actividade sinxela que xurde espontaneamente na clase ca doutras perfectamente deseñadas e programadas. Como estes días andábamos a traballar co nariz, preguntámoslle cal era o olor que máis lles gustaba; daquela empezaron a darnos nomes de marcas de colonias infantís. Pero iso non era o que nos interesaba, senón saber a que ulían esas colonias. Supoñemos que lles gustan porque son produtos da mercadotecnia que rodea a todos os personaxes que seguen, que de ser presentados noutros envases nin atraerían a súa atención. Había desde os que empregan a mesma marca ata os que non levaban posta ningunha.

Aí centramos a atención en que cada un deles ule dun modo diferente, no que se reflicte tanto a súa personalidade coma os seus gustos, case ao marxe do perfume que empreguen.
Sabemos que o éxito desta actividade radica na carga afectiva que se lle puxo, na singularización de cada un deles e na identificación con aroma que se lle detectou.
De un en un foron pasando polo “nariz” experto, quen con moito ritual detectaba e finalmente daba o seu “veredicto” para logo ser corroborado polos compañeiros/as. Ti oles a…: limón fresco, a mandarina, a monte, a herba cortada, a biscoito, a mel, a regalicia, a vainilla, a menta, a herbas frescas, a rosas, a xeranio, a pino, a papoula, a monte, a pexego, a melón, a sandía, a mazá, a caramelos …, mesmo houbo un neno que insistía en dicir que el ulía a motor, a gasolina e non fomos quen de contrarialo. Nos casos nos que se puido, contrastábase a afirmación ulindo ese aroma identificado nunha caixa de esencias ou noutra de herbas aromáticas que temos na clase.
Logo, cada un elaborou un cartel onde dicía ao que ulía para que o resto dos compañeiros/as puideran corroboralo.
Días despois, cando chegan pola mañá, seguen co xogo, pedíndolle aos demais que os ulan e que detecten o recendo. Como dicíamos ao comezo, sabemos que o éxito radicou no cariño, na confianza e no respecto a cada neno e nena, facendo que medre a súa autoestima.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: