A nosa achega á educación infantil

AromatizArte VIII: Flor dragón

In EncienciArte on 20/05/2014 at 06:37

Tralo traballo de coñecemento, diferenciación e identificación de distintos tipos de olores, quedábanos pendente o cheiro, a pestilencia. E malia que nos viñeron á cabeza algúns exemplos, non consideramos a súa pertinencia, ademais tiñamos a certeza de que todos saberían recoñecer ese olor aínda sen amosárllelo.

Onte, casualidade da natureza, xurdiu unha ocasión. Floreceu unha planta que anualmente rebrota no noso xardín deixando pampos a todos os observadores, tanto pola súa rareza coma polo seu cheiro: a flor dragón (pola lingua e o pedúnculo que semella unha espada)  ou planta serpe (por ter o talo manchado).

Para eles un sensentido, unha flor que cheira mal.

A Dracunculus vulgaris, é unha planta atrapa moscas, que se introducen na súa copa atraídas por un intenso cheirume. Na súa fantasía infantil unha planta “carnívora”. Dada a súa toxicidade, tan só lles deixamos observala desde unha distancia prudente. Polo de agora, como aínda non está madura, o cheiro non era moi intenso.

Unha ocasión para coñecer unha das flores máis estrañas e grandes da natureza.

FLOR DRAGÓN
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: