A nosa achega á educación infantil

Auga doce

In CativArte,EncienciArte on 14/05/2014 at 06:51
"Paisaje absorbido", Patricio Cabrero, 2007.

“Paisaje absorbido”, Patricio Cabrero, 2007.

Como continuación natural a todo o traballo realizado no pasado trimestre mirando ao ceo, coa chuvia e coas formas de chover, arestora andamos a darlle resposta á pregunta “e para onde foi toda esa auga?”
Así levamos semanas coñecendo os ríos, regatos, lavadoiros, pozos, pontes e fontes que cadaquén ten preto das súas casas ou da dos seus avós e familiares. Á volta de cada fin de semana recibimos fotografías dos nenos/as visitando algún deses lugares e coñecendo os seus nomes. A isto xa lle dedicaremos outra entrada porque dá moito de si: Sar, Sarela, Miño, Río Tinto, Tambre, Rego dos pasos…
Como caída do ceo, desde o 21 de marzo, inaugurouse no Museo da Cidade da Cultura no Gaiás, a exposición “Auga doce” para a que temos solicitada unha visita didáctica. Alí poderán ver:
-A auga escondida, augas envasadas, auga e saúde (termas e balnearios).
-A auga na terra, auga e paisaxe, flora e fauna, os grandes ríos, o río Miño e construcións relacionadas cos cursos de auga.
-O home a e auga, recipientes (olería), enxeñería hidráulica.
-Ollando ao ceo, a meteoroloxía, a auga no universo.

.
Sendo como é unha macroexposición, o Departamento educativo do Gaiás encargase de facer unha escolma segundo a idade do alumnado. Nós xa lle apuntamos os nosos intereses. Con todo, tamén lle apuntamos ás familias do alumnado a posibilidade de levar aos seus fillos o día 18 de maio, que co gallo do Día dos Museos, teñen programada unha xornada de portas abertas con música, obradoiros e ciencia para toda a familia. Así, entre outras moitas, poderán facer a viaxe dunha pompa de xabón; enchouparse de historias onde os ríos, as charcas, os regatos e as fervenzas ou a choiva son os protagonistas; coñecer as formas da auga; vivenciar a auga coma unha fonte de son con distintos aquófonos; etc.
Mentres tanto, e como avance, nós visitamos a exposición e aquí vos deixamos algunhas das fotografías que lle amosamos ao noso alumnado. Moi poucas, e sempre relacionadas co traballo realizado, porque, como sempre dicimos, non lle atopamos sentido a saturalos con algo que mesmo aos adultos nos custa.

“Auga doce”

DSCN0978

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: