A nosa achega á educación infantil

Os libros da merenda

In ContArte on 02/05/2014 at 06:42

?????????? Para nós, visitar a Feira do Libro de Compostela é unha tradición que tratamos de manter e de transmitirlle aos nosos pequenos, así, cando menos, dedicámoslle unha sesión. Certo é que cando volvemos -nos últimos anos- sempre repetimos o mesmo: agora as feiras do libro xa non cumpren a mesma función ca no pasado, -xa non son espazos expositivos de novidades, porque iso foi asumido polas redes-, sen embargo crean un ambiente festivo-floclórico-literario que sería unha mágoa que se perdera porque lle dan outra vidiña ás vilas nas que se celebran. O por que hai tan poucas casetas, ou por que están tan apoleiradas, ou por que contan con tan pouco espazo –nomeadamente as dedicadas ao público infantil- é algo que deberan analizar os seus organizadores, máxime cando hai sitio dabondo para facelo doutro xeito. Con todo iso, na visita deste ano, levantamos unha desas pequenas descubertas que sempre nos agradan: a recente liña infantil da editora Urco. Urco editora é un proxecto renovador, que “vén a encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror.” Levan por diante e como sinal de identidade o uso de licenzas Creative Commons para as traducións de textos sen dereitos; o traballo editorial baseado no software libre; o recoñecemento da participación no traballo de todos os colaboradores -así aparecen recoñecidos nos créditos do mesmo-; e a impresión en papel reciclado 100%. Paseniño están a se facer un lugar de seu no panorama editorial, con iniciativas novas e enxeñosas, sempre de baixo custe, coma a súa participación en Módicos –edicións de 9,90€- ou os Libriscos, petiscos literarios que se distribúen a modo de tapa en locais hostaleiros de Compostela.

Pois agora Urco editora abre unha liña infantil, que polo momento conta con: – A colección Os libros da merenda, “nutritivos coma un bocadillo, doces coma unha onza de chocolate, divertidos coma un ovo Kider e ao alcance de todos os petos (2,5€ na feira)”. Está integrada por: “Don Bento o porco fedorento”, “Fariñeiro, o burro larpeiro”, “Don Fiz, o repolo feliz”, “Xoana, a ra lacazana”, “Besteira, a cebola falangueira”, “Ramona, a cenoria sabichona”, “Clemente, o polo valente”, “Rosa, a vaca agarimosa”, “Eladia, a ovella sabia”, “Sinforoso, o can temeroso”, de Martinho Terrafría e Vladimir Zatonski. Curtos e divertidos contos rimados acompañados de sinxelas ilustracións (moi semellantes ao debuxo infantil), cun formato que mesmo permite levalos no peto a calquera sitio e sacalos en calquera momento para contar e botar unha gargallada. – “Salgadiña a estrela de Fisterra”, de Anxo Moure e Cristina Ouro. Unha creación do mesmo autor do (re)coñecido “Carballo con botas”, un libro comprometido ao tempo que cheo de sensibilidade, de valores e de lirismo.

?????????? Sabemos que estes non son bos tempos para a lírica, e que as editoras non están pasando pola súa mellor etapa, ao igual que lle acontece a case todos os cidadáns, emporiso valoramos iniciativas coma a de Urco editora, na que mozos militantes da lectura, da cultura e da edición, están buscando outras alternativas para que ninguén pase “necesidade” de ter un bo libro entre as mans.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: