A nosa achega á educación infantil

Onde nacen as palabras

In AlfabetizArte on 30/04/2014 at 07:03

 

Jaume Plensa

Jaume Plensa

Para unha actividade conxunta do noso centro, pedíronos que inventáramos unha palabra. Isto que inicialmente pode parecer sinxelo, logo descubrimos que non o é tanto. E menos con cativos de 5 anos.
Para inventar unha palabra primeiro hai que saber para que se quere empregar e segundo averiguar que non existe xa. Emporiso, cada unha das que nos propoñían os nenos/as, ao pouco descubríamos que estaba no dicionario. Tras varios intentos cambiamos de táctica.
Volvemos a comezar preguntándonos onde nacen as palabras, se caen das nubes, se saen das barrigas, se dos ovos, da terra, do mar ou das árbores. As respostas, “na boca”, “nos libros”, “na punta dos lapiseiros afiados”, “na cabeza dos escritores”…, non acabaron de convencer, ata que unha amiga nos dixo que “as palabras nacen dunha chispa que salta entre a cabeza e o corazón e sae pola boca”. O problema é que a nós ese día non nos saltaban chispas, así que tampouco puidemos inventar palabras.
Estábamos atrancados, ata que, como caído do ceo, Sandra nos trouxo o libro “Estrambólicos”, de José J. Letria, ilustrado por André Letria, publicado en La Fragatina en decembro de 2013.


Os estrambólicos son unhas estrañas criaturas multiformes que poden cambiar tanto o seu aspecto como o seu nome. Neste libro, preséntannos a dezaseis estrambólicos ao cubo, é dicir, 4.096 personaxes diferentes que adquiren distintas propiedades e unha identidade totalmente renovada con cada transformación. Defíneno coma un libro para experimentar coas formas e facer malabarismos coas palabras.
“Estrambólicos” retoma a idea de cortar a páxina en tres partes en cada unha das que se ve un anaco de corpo, un parágrafo que o define e unha sílaba. Así con cada movemento de anaco de folla xurde un novo personaxe, cun novo nome formado de tres sílabas e cunha nova definición.
Gustounos a idea para crear novas palabras. Colleremos unhas cantas palabras orixinais que conten con varias acepcións, dividirémolas e sacaremos novas combinacións.
Xa veremos o que isto dá de si; se paga a pena continuar ou deixar o xogo.
Cando menos xa nos fixo pensar un chisco.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: