A nosa achega á educación infantil

Detección do maltrato infantil

In InformArte on 28/04/2014 at 06:51

A raíz dos post publicados nos días pasados relacionados co maltrato á infancia, recibimos algunhas consultas sobre onde, como e a quen acudir no caso de que se detecten situacións de risco.

O Ministerio de Sanidade, Servicios Sociales y Bienestar, anunciou o pasado día 25 un paquete de medidas de protección aos menores, que veñen a complementar o II Plan estratégico  nacional de infancia y adolescencia 2013-2016, e o Protocolo de intervención ante o maltrato infantil, aos que se pode acceder desde o web do Observatorio de la Infancia.

En Galicia contamos co Plan estratéxico galego da infancia e da adolescencia, que ten entre os seus obxectivos principais a sensibilización cidadá no coñecemento e respecto dos Dereitos da infancia, así como a actuación no caso da súa vulneración.

No portal web de Benestar está recollida a Guía de recursos do sistema de protección de menores, así como:

–          O teléfono 116111, liña de axuda á infancia, onde atenden 24 h ao día calquera chamada que poida facer unha vítima ou denunciante de maltrato infantil.

–          O Protocolo de actuación en abusos sexuais a menores.

–          A Guía para a detección de maltrato infantil.

–          Follas de notificación de risco e maltrato infantil desde o ámbito educativo.

–          Así como os teléfonos e contactos dos lugares onde se pode facer notificación de risco e maltrato: Servizos Sociais dos concellos, Departamentos territoriais ou na propia Consellería de Traballo e Benestar.

En todos estes documentos e ligazóns, recórdasenos o compromiso de todas aquelas persoas que intervimos directamente cos menores para coa detección e notificación de maltrato infantil, recordándonos sempre que hai moitos máis casos que permanecen ocultos ca os que detectan e os/as docentes debemos axudar a sacalos á luz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: