Chegamos a un punto que xa non sabemos ben que facer, se declararlle a guerra ou unirnos á febre das gomas de cores. Cada día confiscamos unha presa delas polo temor a que as metan na boca, pero sempre volven con máis. Así que non nos queda outra que darlle a volta e verlle outros usos.
Comezamos coas novas posibilidades, facendo uns rudimentarios xeoplanos. Trala descuberta de que poden “debuxar, trazar ou escribir” coas gomas e tras diversas composicións, formulámoslle estas preguntas: no bastidor circular podemos facer formas cadradas ou triangulares?, e no cadrado podemos facer círculos?, e triángulos?.
Nesas andamos. Mentres tanto iremos pensando novas utilidades didácticas para as gomas.
Ver presentación.
![]() |
Xeoplanos gomas |