Plantar, cultivar, regar, esperar a que agromen, observar a medra das plantas, ver os froitos, colleitar…, son accións que sempre deberían estar presentes nas aulas de infantil. Cousa difícil cando os “deseñadores de escolas” non deixan nin un milímetro de terreo con posibilidades, con boa orientación ao sol, con bo acceso á auga e protexido dos posibles “maltratadores da natureza”. Cultivar nas escolas, na meirande parte dos casos é unha cuestión de fe, que finalmente se acaba perdendo porque ir contra a adversidade faise un par de anos, pero logo, un cansa.
Agora, nós estamos co filón dos xardíns verticais. Non nos queda outra. Así, co alumnado de 3 anos montamos este de amorodeiras en bota. Unha lección de reutilización e do ciclo vital das plantas.
![]() |
Amorodeiras en bota |
Cincuenta días despois, isto é o que nos produciron as amorodeiras en bota.
![]() |
Producción botas freseras |