A nosa achega á educación infantil

Sentirse pai

In ActualizArte on 19/03/2014 at 07:59

É do máis común que cando unha parella decide ter un fillo/a todas as atencións se centren na nai e no como se sente. Os pais son tomados como parte do “decorado”. Ninguén lle pregunta como o leva, ninguén lle dá consellos, mimos ou atencións. Non hai máis ca ver que case toda a literatura e bibliografía de consulta están centrados na vivencia maternal. Pero a experiencia de ter un fillo/a é algo que lle cambia a vida e a maneira de vela, tanto ao pai como á nai.

De modo que nos alegramos de saber de dous libros que cambian o punto de mira. Son:

“Diario dun pai acabado de nacer”, de Henrique Alvarellos, publicado en Xerais no 2008.

O xornalista Henrique Alvarellos comezou este diario íntimo no mesmo intre de saber que ía ser pai. Aquí están as risas, os acenos, as anécdotas, as experiencias e mesmo «as medras» do novo ser, do cambio radical na vida de quen afronta a pater-nidade. A súa intención era tamén ir reflexionando sobre o papel do pai, esa función que ninguén adoita tratar, deténdose exclusivamente no intransferible labor da nai. Pois ben, aquí, un pai. O pai en primeiro plano, coprotagonista desde os primeiros días da vida do fillo. Durante cinco anos o autor viu medrar o seu fillo e gozou con el, que pasou de bebé a neno. Pero nestes cinco anos foi tamén o tempo en que, inesperadamente, o autor perdeu a seu pai. O resultado desa sacudida, desa contusión son as páxinas deste Diario dun pai acabado de nacer. Páxinas iniciáticas que envolven grandes momentos de ledicia, de ilusión e futuro; a carón dos momentos de desesperanza, de confusión e de dor.

Manu. Diario de un embarazo”, de Manuel Jabois, publicado en Pepitas de Calabaza no 2013.

Relata a viaxe sen retorno da paternidade. Cun estilo singular e libre de etiquetas, Manuel Jabois describe a modo de dietario o último ano da súa vida: p embarazo da súa parella, o periodismo e os primeiros enconros con Madrid.

Unha boa recomendación para un día coma hoxe no que só parecen ter importancia os pais para recibir agasallos.

Noutra liña, tamén tivemos acceso á investigación “Los hombres jóvenes y la paternidad”publicada pola Fundación BBVA en 2007, na que as súas autoras, unha socióloga, Inés Alberdi, e unha psicóloga, Pilar Escario, analizan o proceso de redefinición en curso dos papeis masculino e feminino no entorno familia, a tenor dos cambios acaecidos pola incorporación da muller ao mundo laboral o que fixo que os homes modificaran a súa relación cos fillos e o fogar. Preséntase unha tipoloxía múltiple de fogares no inicio do século XXI, pescudando en como son os homes novos españois e a maneira na que lle fan fronte á paternidade, algo que par a as autoras é a peza clave no cambio nas familias: unha nova forma de ser e de sentirse pais que inclúe o retorno –minoritario aínda, pero claramente perceptible dos homes ao fogar.

Para nós foi de grande interese esta lectura polos aspectos que toca: lazos pais-fillos, cambios de rol masculino, sentimentos e masculinidade, a verdadeira existencia do instinto maternal, cambios de vida para os proxenitores, a renuncia á paternidade, tipoloxía dos novos pais (pai intenso, pai responsable, pai complementario). Pódese acceder a parte da publicación nesta ligazón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: