A nosa achega á educación infantil

Liberando poemas

In AlfabetizArte on 14/03/2014 at 14:22

IMG_7202

As ideas sempre xorden da suma doutras ideas, así a raíz de que queríamos facer unha saída didáctica co noso alumnado a unha campa preto do centro para celebrar a chegada do bo tempo e o rexurdir pre-primaveral da natureza, e das propostas de cara ao Día Mundial da Poesía para o vindeiro 21 de marzo, acordamos facer algo conxunto.

Nestes días de lectura de poemas dedicados aos nenos, ao sol, ao ceo, ou a ledicia primaveral, dános mágoa que non estean ao acceso de todo o mundo, emporiso, ao modo do bookcrossing, decidimos liberar poemas. Para ilo, fixemos unha escolma dalgunha das nosas preferidas, en galego ou en calquera lingua de acordo coa decisión da UNESCO, que ten como principal obxectivo desta acción “soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e darlle aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades.”

Imprimímolos e, pola outra cara da folla, explicamos a razón de ser da nosa iniciativa, pedíndolle a quen o atope e goce con el que o deixe noutro sitio ao alcance doutras persoas para que tamén poidan lelos.

Nesta ligazón podedes ver a nosa selección para usala, modificala, ampliala e compartila coma nós, para que todo o mundo teña acceso a unha poesía que lle alede o día. 50 Poemas para liberar

Saímos á rúa e onde consideramos deixamos un poema. Agora quen o atope pode lelo e deixalo noutro sitio, así como mandarnos unha fotografía para que nós saibamos dos movementos  de cada un deles. Isto foi unha primeira proba. O propio Día da Poesía, cada neno e nena levará un destes folletos e, coa axuda dos seus pais, liberarán poemas por todo o pobo: nas tendas, nos portais, nos parques, no mercado, nas instalacións deportivas. Onde haxa xente debe haber un poema liberado dun libro, deixado ao ar para que poida aledarlle o día a alguén.

Na procura de poemas, basicamente botamos man de dúas fontes magníficas:

-a Antoloxía “Os nosos versos”, a cargo de Antonio García Teijeiro, publicada en Xerais no 2011.

-o blog Bibliopoemes onde podedes atopar milleiros de poemas organizados por temas, por xéneros ou por autores.

Na nosa escolma poden botarse a faltar moitos poetas, moitas poetisas, moitos poemas e moitas linguas. Nós, para quen o queira cedemos o traballo inicial que pode ser mellorado e enriquecido por calquera, e agradeceríamos nos fixerades chegar os vosos preferidos.

Na última diapositiva incluímos o “Credo poético” de Antonio Gómez Yebra, para completar ese día da Poesía.

IMG_7190IMG_7199

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: