A nosa achega á educación infantil

Mimosas, o sol do inverno

In CativArte on 21/02/2014 at 09:07

Chegado este tempo, case todos os cursos facemos algo coas mimosas que enchen de cor amarela os montes da nosa terra, así son chamadas o sol do inverno. Poida que sexa polo seu aroma, pola delicadeza das súas flores, pola orixinalidade das follas ou porque son das primeiras en aparecer aínda na invernía, as mimosas sempre nos dan moito xogo na aula: recendos, cóxegas, mimos, observacións e representacións artísticas, como o fixemos en anos pasados.

Nestes días quixemos facer unha representación figurativa realista, na medida na que son quen de facelo os nosos nenos e nenas. Sobre isto, malia que hai quen pensa que non se lle deben impoñer modelos aos pequenos, nós somos das que opinamos que nalgunhas ocasións hai que darlle as claves de como ver e de como poder representar a realidade. Para ilo hai que facerlle reparar en detalles como o tamaño, a proporción, a distribución no papel, os trazos iniciais, o uso da cor e das técnicas adecuadas que permitan unha copia máis fiel.

Partindo dunha primeira rama traída por unha nena, fixemos un bosquexo inicial con lapis de cor, pero o resultado non foi moito do seu agrado. Tentámolo de novo con rotulador de modo que nos permitise trazar mellor as follas das mimosas pero os materiais definitivos viñeron co terceiro intento: acrílico aplicado con bastonciños de algodón e palillos.

Nesta ocasión logramos vinte e cinco traballos bastante iguais entre eles e entre o modelo a representar, e para constatalo conservamos as flores orixinais tras secalas e prensalas.

Ao noso entender, isto non é ir en contra da creatividade individual, pero hai que recoñecer que a copia tamén reporta beneficios, neste caso de expresión plástica. O malo é que ás veces movémonos de forma pendular e acabamos deostando o que noutros tempos se fixo polo mero feito de escapar do pasado.

Entanto, descubrimos que a mimosa é considerada a flor da amizade, emporiso é empregada en Italia como agasallo o 14 de febreiro, noutros lugares no día 8 de marzo para as mulleres traballadoras, e en Francia mesmo lle dedican festas e festivais as mimosas.

Ver presentación.

Mimosas
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: