A nosa achega á educación infantil

A caixa dos tronos

In CativArte,EncienciArte on 13/02/2014 at 14:15

En toda esta tempada de chuvias non podían faltar as tormentas eléctricas que asustan e engaiolan por igual a nenos e nenas, polo que decidimos dedicarlle un tempo. En primeiro lugar fíxose precisa unha aclaración terminolóxica sobre os raios, tronos e lóstregos, xa que logo hai unha grande confusión canto a estes tres fenómenos, así como una asociación errónea –non estraña- sobre a forma dos raios.

Escoitamos tronos, vimos imaxes de lóstregos, falamos das súas consecuencias e precaucións a adoptar. Mesmo puidemos apreciar a súa beleza para o que empregamos assuxestivas imaxes da emblemática intervención de earthwork, “Lightning field” de Walter de María no deserto de Novo México alá polos años setenta do século pasado.

Pero o noso alumnado quería unha representación dos tronos, raios e lóstregos para incrementar a exposición da chuvia. Isto foi todo un reto, xa que plasmar o son e as sensacións que nos producen non nos parecía nada doado. Tras pedir axuda a outras compañeiras mestras fomos xuntando instrumentos musicais cuxo son se semella ao dos tronos e tormentas, de algún nin sabemos o nome, pero si recoñecemos o seu son.

Outros, como “el palo de lluvia”, tras descubrir o que conteñen en su interior para lograr ese son tan similar ao da chuvia, deron pé a que fixésemos os nosos paus de chuvia caseiros.

Velaquí a representación da caixa dos tronos.

Ver presentación

A caixa dos tronos
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: