Nunha das nosas últimas visitas ás librerías descubrimos “Soy un artista”, de Marta Altés, un libro que ilustra a diferente mirada que teñen unha nai e un fillo sobre o proceso creativo. El ve arte en todas partes, todo lle inspira, pero a nai non está tan contenta con algunha das súas creacións.
Que os nenos e nenas dean renda solta á súa imaxinación artística, ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, nomeadamente algo que non lle gusta moito aos seus pais: que se ensucien e manchen roupa, paredes, mesas, chan… Pero hai que ser consecuentes, si se quere que sexan creativos hai que deixalos crear e experimentar.
Encántame esta ilustradora-creadora, este libro chegará á miña casa en breve… 😀 Boa recomendación!