EducaBarrié: Patrimonio en infancia (0-6)

Os vindeiros 24 e 25 de xaneiro terán lugar en Vigo a segunda parte das II Xornadas EducaBarrié sobre experiencias de patrimonio en infancia (0-6), unha magnífica iniciativa formativa, estruturada en tres fases, sendo a primeira delas, xa celebrada o 29 e 30 de novembro, un éxito absoluto, da que podemos ter acceso ás distintas intervencións que alí tiveron lugar. Daquela, centradas en arquitectura e paisaxe, presentáronse experiencias moi salientables que podemos coñecer e das que podemos tirar ideas, xa que logo están dispoñibles a través do web da fundación. Nesta escolma o departamento educativo de EducaBarrié tratou de visibilizar aqueles traballos innovadores que teñen como fío condutor o descubrimento da contorna física e arquitectónica pero nas que o seu grande obxectivo é a mellora da calidade da vida da infancia e das súas familias. Paseos en familia, a descuberta de xoias arquitectónicas locais, os faros da nosa costa, a “humanización” das habitacións hospitalarias infantís, ou a recreación artística das cidades foron algúns dos traballos escolares presentados, precedidos por unhas intervencións teóricas que axudaron a centrar o tema.

A segunda fase, o 24 e 25 de xaneiro versará sobre patrimonio etnográfico, e a terceira, 29 de febreiro e 1 de marzo, sobre o patrimonio inmaterial.
Aire fresco na formación do profesorado de infantil!
Desde aquí unha ligazón a todo o material, información e galerías fotográficas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s