A nosa achega á educación infantil

“Sopa verde”

In ContArte on 14/01/2014 at 07:53

Si pensamos nun libro infantil no que aparecen cores, alimentos, animais e números, parece que se nos escapa un bocexo imaxinando un deses aburridos dicionarios visuais para pequenos. Pois “Sopa verde” vén a demostrarnos o contrario, é un divertido conto de Ángela Madeira fermosamente ilustrado por Till Charlier que nos fai rir a grandes e pequenos pensando na obstinación dun pequeno coello testán que se resiste a probar cousas novas e diferentes, así como pola astucia dos outros animais que o forzan a cambiar de opinión.

Era unha vez un coello
ao que só lle gustaba o verde:

leitugas verdes,
brócolis verdes,
coles verdes,chícharos verdes,
espinacas verdes,
alcachofas verdes,
pementos verdes…

—Só me gusta o verde –repetía a todas horas.

Para a escritora Ângela Madeira este relato é, no fondo, a historia de todos, pequenos e adultos: “a miúdo aferrámonos á seguridade do que coñecemos e tememos experimentar co novo, o descoñecido… E é unha mágoa”. Ademais, destaca que “un mundo cheo de cores (como os dos alimentos que lle ofrecen ao coello) é moito máis divertido”.

Precisamente, ademais de cos sabores, o libro xoga tamén coas cores e os números: unha miguiña de torta marrón, dous anaquiños vermellos de tomate, tres rebandas de pan branco, catro sardiñas grises, cinco berenxenas moradas, seis cenorias laranxas e sete espigas de millo amarelas.

O noso alumnado pídenos que llelo contemos unha e outra vez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: