A nosa achega á educación infantil

A gran onda

In CativArte,EncienciArte on 10/01/2014 at 07:59

Á volta de vacacións, unha vez nos puxemos ao día, o noso alumnado non paraba de comentar sobre o temporal de tronos, vento, choiva, lóstregos, e especialmente de ondas xigantes. Así tivemos que buscarlle unha explicación a este fenómeno, xa que logo, ata o de agora, para eles as ondas sempre foran parte da diversión dun día de praia no verán. Tralos apuntamentos duns, descartados por outros, buscamos información na rede, así soubemos por que se producen as ondas no mar e non nunha piscina, no río ou nun lavadoiro.

Neste corte dun informativo de VTelevisión explícanos como se forman as ondas xigantes, a escuma no mar e mesmo nos suxiren facer un experimento cun secador de pelo orientado cara unha cubeta con auga.

Logo volveron as conversas sobre as vantaxes/divertimento das ondas (xogos no mar, deportes, etc), e os inconvenientes (para os barcos, para a pesca, para os paseantes).

No Portal das palabras atopamos varias denominacións dos estados do mar.

Veunos ao recordo o fermoso álbum ilustrado “La ola” publicado por Bárbara Fiore Editora, no que se nos conta unha historia sen palabras dunha nena que pasa un día na praia, para ilo, a súa autora, Suzi Lee, só emprega dúas cores: o azul e o gris. Aquí unha presentación do mesmo.

Deseguido enlazamos co maxistral gravado do xaponés Hokusai de “La gran ola de Kanagawa”, que mesmo foi fonte de inspiración doutros artistas entre eles, Roy Lichtestein e “La mer” de Claude Debussy.

O visionado deste gravado fíxoos crer que eles tamén poderían representar as ondas con tan só dúas cores. Así nos puxemos mans á obra con ceras, pero os resultados non foron moito do seu agrado, polo que probamos con outras técnicas: fondo con rodillo, brocha seca de dous tonos de azul para a onda, rotulador para os barcos e témpera branca con pincel fino para a escuma do mar.

IMG_6543

Para a nosa sorpresa, a obra de Hokusai era coñecida por algúns nenos/as debido a que aparece nun episodio dos Little Einsteins.

Polo de agora conformarémonos coas fantásticas imaxes do experto en capturar ondas, o fotógrafo Pierre Carreau, en cuxo web podedes atopar macroondas, multiondas e o poder da auga que os deixarán coa boca aberta. Ou as espectaculares ondas hawaianas de Clark Little.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: