A nosa achega á educación infantil

Propósito de comezo de ano: aulas unidades de felicidade

In InformArte on 09/01/2014 at 15:29

Nestes días devagar e de sosegadas conversas falábamos cun amigo docente xa retirado que, coa distancia precisa, criticaba todas esas avaliacións internacionais que nos están tiranizando e menosprezando. Dicíanos que máis alá de metodoloxías, tecnoloxías e estilos docentes, o que realmente melloraba os resultados era entender as aulas como unidades de felicidade. No momento actual no que tanto desarraigo hai, tantas situacións descarnadas, tanta dor e tanta infelicidade, o verdadeiro estímulo para educar era lograr estados de felicidade para os nenos na escola.

Non puidemos máis ca concordar con el, máxime no nivel educativo no que nós traballamos. Se logramos converter as nosas aulas en espazos de tranquilidade, seguridade, acollida, entendemento e serenidade, daquela, só daquela, poderemos chegar ao sentimento e ao pensamento dos nenos e das nenas.

Mesmo pode parecer banal, pero non o é tanto, e cómpre reflexionar con detemento sobre o que marca os ritmos escolares: o tempo dos nenos ou o tempo da escola. Sabemos que pecamos de reiterativas con esta teima nosa, pero talvez sexa preciso dicilo unha e mil veces: imos a unha velocidade, realizamos unhas tarefas e abordamos uns contidos que non propios da idade nin dos intereses dos pequenos. Non sabemos ben cal é o andazo que entrou nas aulas de infantil, pero o que si sabemos é que non estamos facendo felices aos nenos. Actividades, linguas, tecnoloxías, idiomas, deportes, afeccións e outras disciplinas poida que sexan demasiado para seres tan pequenos que tan só queren xogar, falar, moverse e relacionarse.

Como propósito de comezo de ano tentaremos ter presente a reflexión do noso amigo, as aulas como átomos, moléculas e células de felicidade para que este modelo poida trasladarse e reproducirse noutros contextos familiares e sociais nos que escasea ese estado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: