A nosa achega á educación infantil

Peche do blog para o 2013

In EmocionArte on 21/12/2013 at 10:31

Con esta entrada damos por finalizada a actividade InnovArte para o ano 2013.

Este, se cabe, foi un ano moi difícil, máis aínda ca o pasado, e poida que iso o deixáramos entrever en máis dunha ocasión.

Unha amiga que ben nos quer, fai uns días, fíxonos unha observación sobre o estilo dalgunha das reflexións de InnovArte; apuntábanos  que ás veces se nota un ton un pouco rabioso e agresivo de máis. Leva razón. Polo que queremos pedir desculpas por esta boutade. O que queremos expresar é que non son froito da prepotencia ou da soberbia de crernos superiores, senón do anoxo que nos produce moito do que vemos na educación. Nós, Ángeles e Isabel, cometemos tantos erros coma calquera, equivocámonos máis do que quixéramos, e moitas veces non atinamos a facer o debido. Non somos as profesionais perfectas nin o pretendemos. Demos, damos e daremos tantos pasos en falso coma todos os que pisamos terreos sempre esbaradizos, o que temos é que non nos autocompracemos, non nos conformamos, nin obviamos o que pode ser mellorado. Sabemos cando nos equivocamos, iso é o que nos dá a experiencia de anos. Por outra banda, sublévanos as parvadas que lle escoitamos aos alleos á educación, cando, posicionados coma expertos no tema, tratan de impoñernos medidas que todos sabemos non van aportar nada bo á crianza da nosa infancia. Como contra eses non temos ferramentas cos que rebatelos, poida que carguemos con máis forza da debida contra os de dentro, os que estamos todos os días a pé de obra, cando coas nosas actuacións non dignificamos a nosa profesión.

En calquera caso, confiamos que este descanso e o comezo de ano nos faga recuperar a serenidade e o estilo propio de InnovArte, xa que logo o que non pretendemos é crispar, senón ser unha achega de utilidade a todas aquelas persoas interesadas na educación da infancia. Así agradecemos todos os comentarios e críticas construtivas que nos facedes.

Queremos confiar e desexamos que o vindeiro 2014 sexa un ano ventureiro para a educación. Non podemos pensar doutra maneira, malia que o que vemos todos os días non parece apuntar nesa dirección.

Boas vacacións a todas e a todos os que nos seguides.

Ata a volta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: