A nosa achega á educación infantil

Libros fermosos

In ContArte on 21/12/2013 at 07:54

Ao longo desta tempada fomos descubrindo libros que, por un motivo ou outro, chamaron a nosa atención e que gardamos na categoría de “libros fermosos”. Agora, con tempo, queremos compartilos con vós:

-“Seda”, un “clásico” de Alessandro Baricco que case todos temos lido desde a súa publicación en 1996, pero agora “enriquecido” coas extraordinarias ilustracións de Rébecca Dautremer. Con este título e con “Amantes”, Edelvives, inaugura unha nova colección, Contempla, de narrativa ilustrada para adultos.

– “Sementes de papel”,  fábula ecoloxista moderna en formato album ilustrado de Bea  e Silvia Gil en Baía Edicións.

-“El hombre que abrazaba a los árboles”, de Ignacio Sanz e ilustrado por Esther García. Premio XXIV premio Ala Delta de Edelvives.

-“El zar Saltán”, relato baseado en contos populares rusos, de Alexander Pushkin, editado en Gadir con ilustracións de Iván Bilibin.

Swingin Chritsmas, un conto musical de Benjamín Lacombe baseado nun relato de Olivia Ruíz, en Edelvives.

-“Recuerdos en el paladar”, un interesante proxecto de crowfounding no que participan 15 ilustradores/autores/cociñeiros.

-“Un paseo pola vida“, de Manuel Lamas en MeuBook. Unha mirada chea de sensibilidade e comprensiva sobre os mal vistos e demonizados socialmente que caeron nas mans da praga que asolou a moitos mozos dos oitenta.

-“Mi ciudad”, sorprendente álbum ilustrado de Cécile Bonbon e Roi Arnaud en Edelvives.

 -“Cinco sentidos” Hervé Tullet, en Kókinos.

-“La roca”, de Jorge Luján e Chiara Carreter  en Kókinos

-“Esconderse en un rincón del mundo”, de Jimmy Liao en Bárbara Fiore Editora.

-“Amo amar, amor”, suxestivo álbum adulto no que se recollen poemas de amor de menos de 160 carácteres, de Geert de Kockere, ilustrado por Sabien  Clement, en Bárbara Fiore Editora.

 

-“Madre solo hay una y aquí están todas”, 29 tipos de nai na liña de “Abuelas de la A a la Z”, de Raquel Díaz Reguera, en Beascoa.

-“Gallus aureorum ovorum”, un libro en forma de ovo de Augusto Monterroso e Montse Rubio.

-“Carta a un hijo”, álbum ilustrado por Mauro Evangelista, que recolle a carta escrita no seu día por Rudyard Kipling ao seu fillo, en Edelvives.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: