A nosa achega á educación infantil

Entrada do inverno 2013-14

In InformArte on 21/12/2013 at 09:02

Flores de xeo

Malia que este ano foi case unha perpetua invernía –en todos os sentidos-, hoxe entra oficialmente o inverno 2013-2014.

Aquí, en Galicia, resulta bastante difícil facerlle ver ao noso alumnado os cambios estacionais, xa que logo, cando sentimos a calor xa vamos pola metade do verán, cando notamos o outono xa estamos preto do inverno. Emporiso, ás veces precisamos recorrer a imaxes ou a fermosas alegorías –máis alá da consabida “árbore  4 estacións”-, coas que explicarlle as transformacións que se aprecian na natureza.

Atopamos moitas na magnífica páxina Pinzellades al mon, das que vos deixamos aquí unha mostra, que podedes  ver organizadas por temas como: as estacións, as damas do ano, as sereas e as estacións ou calendarios ilustrados.

Leandro Lamas

Leandro Lamas

Casey Robin

Vladimir Golub

De aquí ao 20 de marzo de 2014 haberá que aturalo o mellor que poidamos.

Teremos presente aquilo de “Trala noite vén o día, tralo inverno vén a primavera, e trala escuridade a luz.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: