A nosa achega á educación infantil

Princesas “boludas”

In ContArte on 11/12/2013 at 08:07

Nestes días hai un vídeo na rede que está batendo o récord  de visitas; trátase dunha nena arxentina que renega das princesas Disney, das que di que son unhas “boludas” e que non son intelixentes. Ao longo del fai unha disertación sobre o “flojas” que son sempre esperando que as veñan a salvar os príncipes azuis.

Isto tróuxonos de novo á cabeza un tema que xurde en moitas entrevistas coas familias do noso alumnado cando nos piden recomendacións de lectura cuestionado a pertinencia dos valores que se transmiten en moitos dos contos clásicos. Hai quen ten o temor de que eses estereotipos de sexo/xénero ou situacións de violencia e de medo non sexan os máis adecuados para estas idades.

Daría para un longo debate, xa que logo hai moitos detractores e moitos defensores. Sen embargo, analizados  baixo esa óptica poucos contos clásicos, populares ou tradicionais se salvarían da queima. Certo é que contarlle aos cativos que unha princesa queda durmida ata que é salvada polo bico dun príncipe ao que non coñece pode parecer fóra de lugar; pero tamén o é que unha nena vaia soa polo monte e se encontre co lobo que logo a devora a ela e máis á súa avoa, ou que unha cabuxa lle abra a tripa a un lobo para sacar aos seus fillos e logo llela encha de pedras que fan que morra afogado no río. Pola outra banda, hai contos actuais, froito desa tendencia de mostrarlle aos pequenos a realidade crúa e descarnada, que tamén merecerían unha análise rigorosa por anticiparlle preocupacións adultas, ao noso entender, non propias destas idades.

Os contos cumpren unhas funcións tal e como analizou Vladímir Propp na súa obra “Morfología del cuento”, e serven para transmitir valores, normas e convencións sociais que eran válidas nun determinado momento, malia que na actualidade poden estar desfasados ou obsoletos, o que non quere dicir que llelos debamos evitar aos nenos e nenas. Moi pola contra, poden coexistir con outros moitos nos que se salientan os valores imperantes na sociedade actual. Nós somos das que confiamos en que os cativos, ao igual que a nena arxentina, froito do que viven día a día, vaian conformándose unha opinión crítica sobre esas situacións ou comportamentos anacrónicos.

Cremos que se poden combinar perfectamente contos clásicos do pasado e do presente, sempre e cando cumpran coa condición de ser literariamente ricos.

Onte, da man dunha compañeira, descubrimos dous contos de recente publicación que veñen a incidir en visións máis actuais das “princesas”.

La princesa rebelde”, de Anna Kemp e Sara Ogilvie en Blume.

Había una vez, en una torre muy cercana al lugar en el que vives, una princesa solitaria, la princesa Susana.
-Algún día -suspiraba-, mi príncipe llegará. Pero me gustaría que fuera un aventurero de verdad.
Sin embargo, cuando finalmente llega el príncipe, no es lo que Susana se imaginaba…
¿Estás aburrida de las princesas tradicionales? ¿Cansada de los cuentos en los que la princesa siempre encuentra a su príncipe azul? Entonces, ¡¡este es el libro para ti!!
Olvídate de los vestidos bonitos, los cuentos de hadas, las bodas y los grandes bailes. A la princesa Susana le va la aventura, la travesura y los amigos poco habituales. Ella es, realmente, ¡la princesa rebelde!
 

“¿Es verdad que las princesas besan a los sapos?”, de Carmela Lavignia Coyle, Mike e  Carl Gordon en Obelisco.

Vuelve nuestra princesa favorita –con botas de montaña y todo–, esta vez cargada de preguntas para su papá.
«¿Es verdad que las princesas besan a los sapos?»
Todo el mundo conoce a una princesa. Mientras ésta y su papá pasean por el bosque, ocurre todo tipo de maravillas. Ella descubre que, seamos quienes seamos, en el interior de cada uno de nosotros hay una princesa.
«¿Les gusta a las princesas subirse a las piedras?»
 

A princesa Sabela“, de Cornelia Funke e Kerstin Meyer en Xerais.

Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta de que llo dean todo feio, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa… Unha mañá, cansa de ser unha princesa, decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordena que Sabela traballe na cociña de palacio e no cortello dos porcos. Que divertido! Nunca fora tan feliz!

“Cómo ser una princesa moderna”, en Beascoa.

Divertidísimo manual sobre las aventuras y desventuras de ser princesa de cuento de hadas en el mundo real .
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: