A nosa achega á educación infantil

“O grúfalo”

In ContArte on 05/12/2013 at 07:10

o-grufalo

Os motivos que nos levan a mercar un libro para a aula son ben diversos; ás veces deixámonos levar polo seu lirismo, outras pola súa calidade literaria, outras pola temática que se aborda, outras porque cremos será do gusto dos pequenos. Pero poucas, moi poucas veces é porque nos fai rir ás persoas adultas e porque esperamos escoitalo unha e outra vez. Esa é unha razón más ca poderosa cando se está tratando de facer lectores desde estas idades.

Pois onte sucedeunos iso. Visitamos a nosa librería de cabeceira, pedimos recomendacións e déronos -entre outros que xa referenciaremos-, “O grúfalo” de Julia Donaldson e Axel Scheffler en Patasdepeixe editora.

Esta é a versión en galego dun xa clásico editorial que nos fala dun animal inventado por un ratiño pillabán e inxenioso,  “unha criatura con arrepiantes garras e dentes arrepiantes na arrepiante queixada. Con xeonllos broullentos e reviradas unllas e no cabo do fuciño unha horrenda espulla. Os seus ollos son roxos, a lingua é negra coma o carbón e ten espiñas no lombo que mesmo parece un dragón.” Un grúfalo que busca merenda e gosta de raposo á grella, moucho ao caldeiro e revolto de serpe con pan de boroa.

Para escachar coa risa.

O Grúfalo ten web oficial, na que nos conta as orixes deste conto rimado publicado en 1999, preséntanos á súa autora e ilustradora e mesmo oferta xogos.

Velaqui unha mostra de curtas baseadas na historia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: