A nosa achega á educación infantil

Bolas de cristal

In CativArte on 04/12/2013 at 08:03

CIMG2824

No centro no que traballamos todos os anos organizan obradoiros nos que se elaboran elementos típicos do Nadal: doces, postais e adobíos. Xa temos feito mención a eles noutras ocasións, sempre insistindo na idea da reutilización, do non consumismo, da austeridade, que tamén debe ser un feito manifesto nas prácticas escolares, xa que logo, de nada vale dedicarlle un día ao medio ambiente, ao consumo ou a outros valores, cando despois non son evidentes nas actuacións diarias.

Nesta edición nós encargámonos de facer “bolas de cristal”, inspirándonos nas bolas de neve que a todos nos engaiolaron de cativos, e de non tan cativos

Tarros de vidro, pequenas figuras, adobíos, botóns ou abalorios, purpurina grosa, auga e unha cullerada de glicerina líquida por tarro (non é absolutamente necesaria, pero incrementa a densidade da auga axudando a manter a suspensión da purpurina).

Unha actividade sinxela, apta para todas as idades, moi gratificante e con moitas posibilidades de aproveitamento desde o punto de vista da competencia matemática, da social e mesmo desde a experimentación de principios da física.

CIMG2833

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: