A nosa achega á educación infantil

A lúa e o sol xuntos pola mañá

In ContArte,EncienciArte on 27/11/2013 at 14:08

Esta mañá, os nosos “observadores do ceo” repararon na presenza da lúa enfrontada ao sol, véndose ambos con total claridade. Foi algo que os estrañou moito, e sobre o que nos deron todo tipo de explicacións, desde as máis líricas, ás máis fantásticas, pasando por algunhas pseudocientíficas:

-“É que espertaron ao mesmo tempo.”
-“É que a lúa quería vernos a nós espertos.” Estanos axexando, porque nos quere ver.”
-“Non, era porque quería ver a tarde.”
-“É unha nube con forma de lúa, pero non é a lúa.”
-“Non está enteira, fáltanlle cachos que llelos comeron os unicornios pola noite.”
-“Foi porque nós espertamos moi cedo.”

Dado que non había concordancia nas razóns que daban, decidimos buscar en Internet, e velaquí a explicación que atopamos a este fenómeno coñecido como lúa de día:

“La luna llena solo se ve de noche, la luna nueva no se ve, el cuarto creciente se ve al atardecer y por la noche y el cuarto menguante al amanecer y por la mañana”, resume a RTVE.es Antonio Pérez Verde, astrónomo de la REDA (Red Española para la Divulgación de la Astronomía).

Foi unha mañá de moito proveito, que nos deu ocasión para amosar as distintas fases da lúa, e mesmo tirar de contos tan fermosos como “Pedro y la luna” ou “Quen levou a lúa”. Seguiremos afondando neste filón, ao que xa lle dedicáramos un tempo, con outra promoción de alumnado e que recollemos nesta entrada fai catro anos.

Temos que dicir que buscamos fotografías para ilustrar esta entrada e non atopamos ningunha de lúa minguante, por iso empregamos esta.

-“

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: