A nosa achega á educación infantil

A experiencia Pikler-Lóczy

In ActualizArte on 27/11/2013 at 07:48

“No primeiro ano de vida empeñámonos en ensinarlle aos nenos a andar e a falar, e nos seguintes a sentarse e a estar calados.”

“Cos nenos facemos as cousas ao revés, cando son pequenos forzámolos a moverse coma os maiores sen darlle tempo a que eles mesmos descubran as súas posibilidades motrices, e logo cando medran explicámoslle e exercitamos aspectos do esquema corporal, que por si mesmos, xa deberían ter asentados e consolidados.”

Levamos varios días matinando nestas afirmacións, desde que o pasado sábado asistimos a unha xornada formativa organizada pola Rede de Escolas (0-3) Galiña Azul. Convidáronnos porque sabían do noso interese polas prácticas desenvolvidas no Instituto Pikler-Lóczy de Budapest, e nesta ocasión contaban coa presenza de dúas voces autorizadas: a que fora a súa última directora antes do peche da institución no 2011, Eszter Mózes; e a profesora da UB, Teresa Godall, quen realizou a súa tese de doutoramento sobre esta Casa Cuna, fundada en 1946 pola pediatra húngara Emmi Pikler. Desde estas ligazóns, da asociación Euskal Herriko elkartea e de Rosa Sensat pódese ter acceso a moita máis información, sobre como xurdiu, así como sobre os seus principios.

Faláronnos da hipótese e convicción de Pikler, que parte da idea de  que tendo relacións estables, vivencias ricas, coidados de calidade, o lactante pode desenvolve sen a intervención directa do adulto no campo da motricidade e do xogo. Temos que superar os nosos prexuízos e entender que os pequenos son competentes e precisan ser tratados coma persoas (de verdade).

Desde esta ligazón pódese acceder á publicación “Moverse en libertad. Desarrollo de la motricidad global”, de Emmi Pikler e á película “Lóczy, un hogar para crecer”.

Cremos que pode ser altamente interesante para todas aquelas persoas que teñen trato cos pequenos, familias, coidadoras, educadoras e mestras de infantil.

Nunca deixamos de insistir na idea de que, polo xeral, tratamos o ciclo 0-3 como se non tivera nada que ver co 3-6, cando en realidade, somos das que pensamos que debería ser 0-6. De non ser por experiencia propia, poucas mestras e poucos centros de segundo ciclo de infantil tratan de coñecer que é o que sucede na etapa anterior, a que dedican o seu tempo, ou cal é o background que traen os nenos cando chegan ás nosas mans. E non digamos xa de coñecer cales son as prácticas innovadoras que se desenvolven nesta etapa. Parece que o temos a menos. Unha mágoa cando os nenos/as son os mesmos, só cun par de anos máis.

Ao remate da conferencia manifestámoslle a Teresa Godall que entendíamos que podía haber moita transferibilidade dalgúns dos principios de Emmi Pikler á nosa etapa, algo co que ela concordou.

Por se for do interese dalgunha persoa ou grupo, no Instituto Pikler contemplan a posibilidade de visitas de estudo, coa vantaxe de que se comunican en perfecto español.

Non  poderíamos rematar sen agradecerlle ao Equipo de Atención Educativa a descuberta, e sen convidarvos a que continuedes lendo e vendo os vídeos sobre Pikler-Lóczy.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: